martes, 22 de junio de 2021

FELICES VACACIÓNS

E agora si! Chegamos ao fin deste curso tan atípico e tan complicado e eu só podo darvos a NORABOA por facer que todo fora un pouquiño máis sinxelo. 

Espero que desfrutedes moito das merecidas vacacións, que o pasedes moi ben e que o voso sorriso sexa permanente. 

VÉMONOS EN SETEMBRO! 

Unha aperta enorme ❤❤❤❤❤

lunes, 14 de junio de 2021

Como nos gusta o verán

Bos días peques!

Seguimos falando do verán, xa que está a piques de comezar. Déixovos por aquí estes xogos para practicar o vocabulario sobre esta estación do ano. 








lunes, 7 de junio de 2021

Falamos do verán

 Nesta actividade teredes que falar un montón. E sabedes de que tema? Do verán!!!!!!!!! 

En primeiro lugar imos falar da primeira imaxe e describir todo o que vemos nela. Logo, na segunda imaxes falaremos máis concretamente de cousiñas que levamos á praia.

Imos alá!


Pasapalabra de verán

 Bos días peques! Que tal?

O verán está xa moi cerquiña e por iso vos deixo hoxe por aquí unhas actividades relacionadas con esta fermosa estación do ano.

Espero que vos gusten!

Xogamos e aprendemos con este pasapalabra!!!! 😆😆😆

Pasapalabra verano, an interactive worksheet by Alasan22
liveworksheets.com

lunes, 31 de mayo de 2021

Pensa e inventa

 Nesta tarefa teremos que estar moi concentrados para contestar ao que nos piden. 

Fixádevos! 

Escritura creativa, an interactive worksheet by sonia_madom
liveworksheets.com

Lemos e contestamos

Bos días peques! 😉👀

Hoxe rematamos o mes de maio e déixovos por aquí unha lectura para ler con moita atención e contestar as preguntiñas correspondentes. 

Facede clic na imaxe para ler o texto e responder ás preguntas. 

lunes, 24 de mayo de 2021

Imos á granxa matemática

 Neste xogo que vos deixo teredes que ser moi rápidos para calcular os animais que hai nesta granxa. 

Moi atentos!