viernes, 19 de junio de 2020

GOZADE DO VERÁN

Hoxe venres, damos por terminado este curso e quero deixarvos aquí as tarefas para este verán. Xa veredes que son moi moi sinxelas 😂😂😂


Espero que o pasedes moi ben e que desfrutedes moito, vémonos en setembro peques! 💕

jueves, 18 de junio de 2020

GRAZAS

Peques e familias! 😍

Chegamos ao final deste curso tan extraño para todos nós e soamente quero darvos as GRAZAS porque traballastes un montón e fostes uns CAMPIÓNS durante todos estes meses. Estou moi contenta co traballo que fixestes e cos resultados que acadastes, por iso vos quero felicitar a todos, nenos e nenas, papás, mamás, irmáns, tíos, curmáns, avós...., porque entre todos fixemos que isto fora posible.

Voltaremos en setembro coas pilas cargadas pero, mentres tanto, xogade moito, descansade e sobre todo, DESFRUTADE MOITÍSIMO 😊

¡GRAZAS CON MAIÚSCULAS!

ESTE REGALO É PARA VÓS. ABRÍDEO! 


Que sae de aquí?

Seguimos cos xogos da última semana e compártovos un crebacabezas moi sinxelo. Mirade, unha pista que vos dou é que o resultado final vai tratar sobre a estación que está a piques de chegar.

Cal será? 👀😂

Diferenzas

Estamos a piques de rematar este curso e por iso, déixovos aquí un pasatempos, xa que estamos cerquiña do verán, para que busquedes todas as diferenzas que hai entre as dúas imaxes. 

Para iso, teredes que prestar moita atención 👀

Atopástelas todas?

miércoles, 17 de junio de 2020

Elixe ben

Na seguinte imaxe interactiva propóñovos este xogo de vocabulario sobre o verán. Que tedes que facer?

Tedes que observar con moita atención e dicir en voz alta o nome de cada obxecto. Logo, teredes que facer clic encima dos obxectos que se relacionen co verán. Ollo! Soamente as cousiñas relacionadas co verán! 😊

Un labirinto

Bos días peques!

Imos a polo mércores e comezamos con este xogo de Labirintos moi sinxelo. Teredes que guiar o barquiño ata chegar ao porto sen tocar as ondas que baten no mar con moita forza e poden afondar o barquiño.

Seredes capaces?

Preme na imaxe para xogar

martes, 16 de junio de 2020

Pasapalabra veraniego

Seguimos con xogos para darlle a benvida ao verán proximamente 😉😉

Nesta entrada tráigovos un xogo de Pasapalabra, que xa temos feito algún máis similar. Seredes capaces de completar o rosco enteiro? Mándademe unha fotiño co resultado 😊

Memory

Esta semana como é a última deste curso toca XOGOS. Aquí vos traigo un MEMORY, que sei que vos gustan moito. Tedes diferentes niveis de dificultade para practicar 😁

Fai clic na imaxe para xogar

Roupa de verán

Bos días peques! 😁

Comezamos este martes con este xogo sobre as prendas de vestir. Mirade, tedes que colgar a roupa de verán nesta cordiña para que a teñamos lista para a entrada do verán.

Espero que vos guste! 😎

lunes, 15 de junio de 2020

Veo, veo

Déixovos nesta entrada esta fichiña interactiva na que faredes un VEO-VEO. Este xogo vai tratar sobre o verán, xa que é a estación que está a piques de chegar... 🌞

Sacádelle unha fotiño cando a teñades feita e mandádema 😊

Veo, veo..., una ficha interactiva de Elenaemm
liveworksheets.com

Zzzzzzzzzzzzzzzzzz

Nesta entrada imos practicar o son da letra Z, lembrando que é unha letra que cambia de grafía pero segue co mesmo son:
ZA
CE
CI
        ZO       
  ZU 

Bicos, bicos...

Bos días peques! Que tal? 😊

Imos a pola última semana deste curso, o cal foi un pouquiño extraño..., pero volveremos en setembro con toda a ilusión e forza 💕💕 que estivemos gardando durante estes meses de confinamento.

Hoxe tráigovos un conto moi fermoso para que escoitedes con moita atención e o disfrutedes moito. Logo de escoitar, propóñovos que cubrades a plantilla dos contos, que xa fixestes noutras ocasións. Cando a teñades, xa sabedes, mandádeme unha fotiño 😉


Entendiches o conto? Demóstrao! 😄😄

viernes, 12 de junio de 2020

A encaixar

E con este xogo teredes que tratar de encaixar todas as pezas para descubrir que personaxe se atopa aquí debaixo.

Premede na imaxe e cando o teñades listo, contádeme quén é ou mandádeme unha fotiño co resultado 😆😆

Espero que vos guste!

Un aforcado de animais

Como sei que estes xogos vos gustan moito, aquí vos comparto un aforcado de animais. Así é moito máis doado 😁

Tedes que facer clic na imaxe para xogar 😋😋

Coa familia

Bos días peques! 😀

Estamos a venresssssss e por iso hoxe vos traigo uns xogos moi divertidos e, logo, a desfrutar da fin de semana!!!

Mirade, esta entrada titúlase "Coa familia", xa que vos traigo un xogo de vocabulario sobre os membros da familia.

Espero que vos guste!

Preme na imaxe para xogar

jueves, 11 de junio de 2020

Con S de Oso

Esta entrada está adicada aos nenos e nenas que están a practicar a pronunciación do fonema S. E para iso, tráigovos dúas tarefas moi sinxelas. 😊

Nesta primeira tedes un vídeo na que ides practicar a pronunciación do fonema con sílabas e palabriñas que teredes que escoitar e logo repetir.


E na segunda actividade teredes que ler. Primeiro tedes unhas palabriñas con S e logo unhas frases. (NON tedes que ler todo hoxe, podedes deixar algo para mañá). Podede gravar un audio ou un video e mandarmo para escoitar que ben o facedes 😉

Que importante é a nosa voz

Coidar a nosa voz é fundamental para que nos poidamos comunicar correctamente e non teñamos dores de gorxa nin nos quedemos sen voz. Deste xeito, xa sabedes que é moi importante facer un bo uso e coidar as nosas cordas vogais.

Para iso, hoxe imos facer uns exercicios de respiración, os cales son fundamentais tamén para o coidado da nosa voz.

Comezamos con este vídeo no cal varios nenos e nenas fan diferentes prácticas para conseguir unha respiración axeitada. Podedes imitalos?


E para a segunda actividade, déixovos esta plantilla de "Cuido mis cuerdas vocales" por se queredes animarvos e comprobar se estades a cumplir as pautas básicas para o coidado da vosa voz (as referidas ao cole non as poderedes cubrir polo de agora). Deste xeito, propóñovos que nesta última semana anotedes cun X na pauta e no día se cumpliches co acordo de coidar as túas cordas vogais 😉 (cando a teñas cuberta, sácalle unha fotiño e mándama). 



E para rematar, lembrarvos as pautas básicas para coidar axeitadamente a nosa voz. 

A cometa verde

Comezamos este xoves con este conto titulado "A cometa verde". Como sempre, trátase dunha actividade de comprensión lectora, polo que teredes que ler con moita atención para despois responder as preguntiñas.

Desta vez non teredes que contestar as preguntas nunha fichiña, senón na propia actividade que abriredes a continuación. Como veredes, hai varias lecturiñas; eu propóñovos para hoxe a da cometa verde. E logo, tedes tamén uns xogos de atención, sopa de letras, relacionar palabras co seu significado, etc.

Preme na imaxe para acceder

miércoles, 10 de junio de 2020

Días... meses... tempo

Con esta entrada imos repasar os meses do ano, os días da semana, as estacións, o tempo... Porque como xa sabedes, estamos a piques de cambiar de estación. E cal nos toca agora?

Siiiiiii, o verán! 🌞

Por iso, antes de irnos de vacacións de verán imos repasar estes conceptos para que non se vos esqueza nada nestas vacacións.

Preme na imaxe para xogar! 

Lemos con R

Seguimos repasando o fonema R e, para iso, compártovos dúas actividades nesta entrada. Son moi sinxelas, xa veredes.
  • A primeira delas é este vídeo animado, onde poderedes practicar o son deste fonema.



  • E na segunda actividade teredes que ler. Primeiro tedes unhas palabriñas con R e logo unhas frases. (NON tedes que ler todo hoxe, podedes deixar algo para mañá). 
(Podedes gravar un video lendo e mandarmo para ver que ben o estades facendo 😛)


Palabriñas

Bos días! 😁

Este mércores vén cargado de xogos para que aprendades e vos divirtades un montón! 👋👋

Mirade! Este vai dedicado aos nenos e nenas máis pequeniños que están comezando a ler. Teredes que axudarlles a estes marcianiños que precisan de vós para aprender. Imos alá?

Fai clic na imaxe para xogar

martes, 9 de junio de 2020

Completa coa palabra axeitada

Nesta fichiña que vos traigo teredes que ler as frases e completar coa palabra axeitada. Non tedes que imprimir a ficha, xa que se fai directamente aquí. Cando a rematedes, sacádelle unha foto e ensinádeme 😁

Ollo coa diferente

Nesta entrada tráigovos un xogo no que non podedes perder detalle 👀

É un xogo de estimulación visual no que teredes que atopar o modelo que é diferente aos demais. Mirade, teredes 3 niveis diferentes, podedes comezar polo 1 que é máis sinxelo e logo ir avanzando.

Ademais, no primeiro paso podedes elixir se queredes xogar con imaxes ou con letras e palabras. Deste xeito, primeiro podedes practicar as imaxes e logo xa coas letras.

Imos alá!


Os xogos do Tío Paco

Ola nen@s! 😀

Imos a polo martes con este xogo titulado "Os xogos do Tío Paco". Entrade na imaxe para acceder ao xogo e ides ver que temos diferentes opcións: de vocabulario, sons, frases absurdas, adivinanzas...

Cal queres facer? Recoméndoche que probes todas as opcións e me digas cal foi o que máis che gustou 😊

Fai clic na imaxe para xogar

lunes, 8 de junio de 2020

Oca da Z

Para repasar o fonema Z, compártovos un xogo que xa coñecedes porque é moi similar ao xogo da OCA.

Precisaredes para xogar un dado (se non tedes podedes facelo de papel. Mirade aquí) e unha fichiña para movervos pola oca. Se non imprimides a OCA podedes lanzar o dado e movervos co voso dedo pola pantalla do móvil ou do ordenador.

Que tedes que facer? Tedes que ir decindo o nome da imaxe na que vos caiga o dado pronunciando de forma correcta o fonema Z. Ademais, teredes que inventar unha frase con esa palabra! 😜
Podedes gravar un video ou un audio e mandarmo para ver que ben o fixestes 😃

GL-GR

Nesta entrada imos repasar os sinfóns ou trabadas, neste caso, dos grupos GL e GR.

Son uns grupiños de letras un pouquiño máis complicadas de pronunciar ca o resto, por iso vamos xogar con elas para conseguir esa correcta pronunciación.

Pinchade na imaxe para acceder ao xogo. En primeiro lugar, teredes que escoitar o nome de cada palabra e repetila. Logo, teredes que ler cada palabra e unila ca imaxe correspondente.

O xogo sigue e aparecerá unha pantalla na que tedes que ordear as sílabas para formar a palabra correcta. É moi sinxelo 😁. Logo teredes que escribir vós mesmos a palabra da imaxe que vos aparece.

Como veredes, o xogo sigue tendo máis tarefas pero hoxe podedes facer ata ahí (se queredes continuar tamén podedes 😉😉)

Dúas lecturas

Bos días raparigos! Que tal?  

Comezamos a semana e tráigovos nesta entrada dúas lecturiñas moi sinxelas. Como sempre, logo da lectura toca responder unhas preguntiñas para saber que estivestes moi atent@s lendo.

Na primeira lectura teredes que ler con moita atención e contestar as preguntas. E, na segunda, teredes que ler e contestar se as preguntas son verdadeiras ou falsas.

Cando rematedes mandádeme unha fotiño para ver que o fixestes xenial 😊


Segunda lectura: contesta se son verdadeiras (V) ou falsas (F).

viernes, 5 de junio de 2020

Copia e colorea

Como hoxe é venres, terminamos a semana e sei que estades traballando un montón, déixovos este xogo de colorear. Pero, ollo! Non só é un xogo de colorear, debedes prestar moita atención porque tedes que colorear seguindo o modelo que vos dan.

Ten que ser igual. Animádevos e ensinádeme o resultado cunha fotiño! 😉

A desfrutar do finde!

O detective

Neste xogo que vos traigo ides ser uns detectives 😂😂

É un xogo para que faledes un pouquiño do que ocurre na imaxe. Mirade, vanvos facer preguntas sobre unha imaxe e vos teredes que contestalas fixándovos moi ben. Ademais, podedes falar do que vedes e inventar unha breve historia do que está acontecendo.

Para os nenos e nenas máis pequeniños, teredes que lerlle a pregunta para que eles respondan. Podedes gravar o proceso do xogo e mandarme un video para ver que ben o facedes 😊

 

Elixe a frase correcta

Bos días peques! Xa estamos a.... 
V E N R E S 😇

Imos facer esta actividade que está moi chula para traballar a comprensión e o vocabulario. Fixádevos ben! Tedes que observar con atención a imaxe e ler as tres frases que ten cada unha, xa que soamente hai unha verdadeira.

Cando o teñades feito, sacade unha fotiño e mandádema para ver que ben o fixestes! 😊

jueves, 4 de junio de 2020

R suave ou R forte

Aquí vos deixo estas fichiñas que non fai falta descargar, xa que se fan no propio ordenador ou no móvil. Están dirixidas aos nenos e nenas que están a traballar na pronunciación do R.

Fixádevos ben, na primeira parte tedes que premer nas palabras que teñen R suave. Para iso, recoméndoche que digas o nome de cada palabra en voz alta. Deste xeito, se as nosas cordas vocais vibran máis forte, será un R forte e, senón, teremos un R suave.

Podes gravar un video facendo o xogo e mandarmo para ver que xenial o fixeches 😛

R fuerte o suave, una ficha interactiva de nuriabp
liveworksheets.com

As nosas emocións

Todos sabemos que en diferentes momentos do día mostramos diferentes emocións. Podemos estar contentos, tristes, asustados, enfadados... A todos nos pasa e o importante é saber o motivo e que é o que nos fai estar así.

Imos xogar a este xogo, o cal o podedes facer todos os nenos e nenas, xa que é moi importante coñecer as emocións e identificalas. 

Deste xeito, no xogo dirán unha emoción e teredes que unila coa cara correspondente. Ademais, eu propóñovos que digades cando sentides vós esa emoción e podedes gravar un video e mandarmo ou se preferides escribilo nun folio ou nun caderno, podedes mandarme a fotiño.

Por exemplo: se a emoción é alegre, teredes que dicir: eu estou alegre cando......

Preme na imaxe para xogar

Emparellamos

Neste xogo que vos traigo teredes que buscar as parellas de cada obxecto e, ademais, imos repasar o vocabulario que xa sabemos da roupa, dos animais...

Preme na imaxe para xogar

A caixa máxica

Bos días pequechiñ@s!

Hoxe tráigovos un xogo en rede moi divertido titulado "A caixa máxica" 😊

Premede na imaxe para acceder e observade con atención. Tedes que deducir o elemento que vos piden seguindo a pista que nos dan e, desta maneira, axudaredes ao protagonista a gardar as cousiñas que ten na caixa máxica.

A xogar!

miércoles, 3 de junio de 2020

Facemos un crebacabezas

Agora toca un xogo para prestar moita atención 👀, un rompecabezas. Vouvos dar unha pista, este rompecabezas vai sobre ANIMAIS 😊

Tedes que mover as fichas na mesma pantalla e ir encaixando cada unha para que coincidan. Cando o rematedes quero ver o resultado!!!! 😉😊

El cazo de Lorenzo

Que conto máis fermoso vos traigo hoxe! 😍😍

Este conto titúlase "El cazo de Lorenzo" e ao mellor xa o coñecedes. Mirade, teredes que escoitar o conto con moita atención, xa que logo tedes tres tarefas moi sinxelas para facer: unha de elixir a resposta correcta, a segunda para ordear as palabras para formar oracións e a última de completar a frase coa palabra axeitada.

Cando rematedes, sacade unha foto ao traballiño e ensinádeme como vos saíu 😃😀 Ahhh, e comentádeme se vos gustou o contiño de Lorenzo 😍

Accións

Bos días nenos e nenas, que tal? 😊

Hoxe compártovos unha tarefa de vocabulario moi sinxela. Que tedes que facer?

MIRADE! Tedes que observar cada viñeta e dicir en voz alta a acción que está facendo cada neno/a. Logo, elixide 6 accións e escribide nun folio ou nun caderno cando ou onde facedes vós esas accións.

Por exemplo:

Lavar os dentes: eu lavo os dentes despois de cada comida. 


OLLO! Os nenos e nenas máis pequenos que aínda non escribides frases, farédelo en voz alta e podedes gravar un vídeo e mandarmo. Os que sí escribades, ao rematar sacádelle unha fotiño e mandádemo para ver o ben que o fixestes 😋


martes, 2 de junio de 2020

Con R

Imos traballar con esta fichiña o fonema R. Deste xeito, este traballiño sirve para a pronunciación do fonema e tamén para traballar a ortografía.

Non a tedes que imprimir, xa que é unha fichiña que se fai online. Cando a teñades, podedes facerlle unha fotiño e mandarma, para ver que ben o fixestes 😊

Ollo: l, r, d

Aquí vos deixo este recurso para practicar estes fonemas L, R, D, para aqueles nenos e nenas que poden confudir o seu emprego.

Lede con atención as palabriñas e fixádevos ben co seu uso 😁


Unha oca con S

Nesta entrada imos facer un xogo para practicar o fonema S. 

E cal é este xogo? Trátase dunha OCA, moi similar ás que faciamos na aula 😀 E, para xogar, necesitaredes un dado. Se podedes imprimir a OCA xenial, e senón, podedes lanzar o dado e movervos pola pantalla do móvil ou do ordenador. 

Que teredes que facer entón? Lanzar o dado e mover tantas casillas como indique o dado. Na imaxe na cal caigades teredes que dicir o nome e, logo, inventar unha frase con esa palabra. 

(Se o facedes de forma oral podedes gravar un vídeo ou un audio e mandarmo. E se escribides a frase nun caderno ou nun folio, facédelle unha foto e mandádema)

Facemos parellas

Con este xogo tedes que prestar moita, moita atención e xa veredes como é un xogo moi doado.

Que tedes que facer? É un xogo para buscar parellas e para traballar a atención.

Preme na imaxe para xogar

lunes, 1 de junio de 2020

A nosa roupa

Está a piques de chegar o verán e xa necesitamos menos roupa, porque fai moita calor 😊

Aínda así, toda a nosa roupa está gardada no armario. Por iso, tráigovos aquí un xoguiño moi divertido, para practicar o nome de todas esas prendas de vestir que temos.


Fai clic na imaxe para acceder ao xogo e activa o FlashPlayer

Unha de trabadas

Seguimos traballando e xa sei que o estades a facer moi ben. Nesta entrada tráigovos outro xogo para practicar as trabadas ou sinfóns, que son un pouquiño complicados para pronunciar. 

Facede clic na imaxe para acceder ao xogo. Ides ver que tedes diferentes opcións: identificar as imaxes, unir a imaxe co debuxo, encontrar parellas, un texto con palabras con br, unha sopa de letras, etc. Non os fagades todos hoxe, xa sabedes 😆

Preme na imaxe para xogar

Un conto de...

Bos días peques! Que tal?

Comezamos hoxe o mes de xuño 😊, ese mes no que cambiamos de estación e comeza...... Que estación?

Siiiiiiiiiiiii, o verán!!!! 🌞


Por iso hoxe vos traigo este conto, titulado: "El verano y el sol". Lede con moita atención cada páxina para despois contestar unhas sinxelas preguntas.

Imos alá!


Cuento: "El verano y el sol" from Beatriz Rivero García

PREGUNTAS: 

1. Que estación é a protagonista do conto?

2. Quen paseaba polo ceo e xogaban xuntos moi contentos?

3. Cando chegou o verán, que lle dixo o sol ás nubes?

4. Que fixeron as nubes no verán cando o sol falou con elas?

5. Os nenos estaban contentos e alegres coa decisión que tomaron as nubes? Por que?

6. Como solucionaron as nubes a situación?

7. Que fas ti no verán?

Respondede ás preguntas nun folio ou nun caderno (non tedes que copiar as preguntas). Unha vez que o teñades feito, sacádelle unha foto ao resultado e mandádemo ao correo para ver que o fixestes xeniaaaaaal 😉