martes, 22 de junio de 2021

FELICES VACACIÓNS

E agora si! Chegamos ao fin deste curso tan atípico e tan complicado e eu só podo darvos a NORABOA por facer que todo fora un pouquiño máis sinxelo. 

Espero que desfrutedes moito das merecidas vacacións, que o pasedes moi ben e que o voso sorriso sexa permanente. 

VÉMONOS EN SETEMBRO! 

Unha aperta enorme ❤❤❤❤❤

lunes, 14 de junio de 2021

Como nos gusta o verán

Bos días peques!

Seguimos falando do verán, xa que está a piques de comezar. Déixovos por aquí estes xogos para practicar o vocabulario sobre esta estación do ano. 








lunes, 7 de junio de 2021

Falamos do verán

 Nesta actividade teredes que falar un montón. E sabedes de que tema? Do verán!!!!!!!!! 

En primeiro lugar imos falar da primeira imaxe e describir todo o que vemos nela. Logo, na segunda imaxes falaremos máis concretamente de cousiñas que levamos á praia.

Imos alá!


Pasapalabra de verán

 Bos días peques! Que tal?

O verán está xa moi cerquiña e por iso vos deixo hoxe por aquí unhas actividades relacionadas con esta fermosa estación do ano.

Espero que vos gusten!

Xogamos e aprendemos con este pasapalabra!!!! 😆😆😆

Pasapalabra verano, an interactive worksheet by Alasan22
liveworksheets.com

lunes, 31 de mayo de 2021

Pensa e inventa

 Nesta tarefa teremos que estar moi concentrados para contestar ao que nos piden. 

Fixádevos! 

Escritura creativa, an interactive worksheet by sonia_madom
liveworksheets.com

Lemos e contestamos

Bos días peques! 😉👀

Hoxe rematamos o mes de maio e déixovos por aquí unha lectura para ler con moita atención e contestar as preguntiñas correspondentes. 

Facede clic na imaxe para ler o texto e responder ás preguntas. 

lunes, 24 de mayo de 2021

Imos á granxa matemática

 Neste xogo que vos deixo teredes que ser moi rápidos para calcular os animais que hai nesta granxa. 

Moi atentos!

Oca da Z/C

Bos días peques! Que tal? 

Neste xogo que vos deixo aquí faremos unha oca e, para iso, necesitaremos un dado e unha ficha. 

Xa sabedes as regras do xogo: movemos a ficha segundo o número que nos indique o dado e temos que dicir o nome do obxecto e inventar unha frase con esa palabra. Se caemos no patiño, imos ao seguinte e voltamos a tirar. 

A xogar!



miércoles, 19 de mayo de 2021

Traballamos coa R

 Bos días peques!

Hoxe imos traballar o fonema R e para iso imos empregar o seguinte material.

miércoles, 12 de mayo de 2021

Fíxate e rodea

 Neste xogo terás que estar moi atento para rodear as palabras que che piden correctamente.

Atención!!! 😊😊

R forte

Bo día nen@s!

Mirade! Nesta actividade practicaremos o R forte e, para iso, teremos que adiviñar todas as palabras que se pronuncian con este fonema forte. 

Conciencia fonológica, an interactive worksheet by anacal
liveworksheets.com

lunes, 10 de mayo de 2021

Erros...

 Nesta actividade teremos que fixarnos moi ben para escoller a palabra que está ben escrita. Logo, debemos elixir nós a palabra que representa cada debuxo.

Atent@s!

Conciencia fonológica, an interactive worksheet by anacal
liveworksheets.com

Xogamos coas trabadas

 Bos días peques!

Comezamos unha nova semana e hoxe podemos practicar con este xogo, para que os sinfóns ou as trabadas nos sexan máis doadas.

A xogar!

miércoles, 5 de mayo de 2021

De mates

 Nesta entrada imos ter diferentes actividades de mates, para poñer a nosa cabeciña á funcionar. 

Imos alá!

Varios xogos

Bos días peques! Hoxe temos aquí un xogo que ten varias actividades para seguir aprendendo: un xogo de opostos, un de conciencia léxica e outro de formar frases. 


miércoles, 28 de abril de 2021

Con R

 Seguimos practicando o fonema R para conseguir pronuncialo correctamente.

Imos alá!

martes, 27 de abril de 2021

Adiviña, adiviña

 Estades listos para pensar? Imos cunhas adiviñas entón 😂😂

B ou D?

Bos días peques!

Con este xogo imos practicar os fonemas B e D, que se parecen moito e a veces podemos confundilos.

miércoles, 21 de abril de 2021

Xogamos cos euros

 Neste xogo imos practicar cos euros para saber canto diñeiro temos que pagar ou canto nos teñen que devolver cando compramos algo.


Parécense en...

 Bos días!

Hoxe deixamos por aquí este xogo para traballar o vocabulario.

Imos alá!


lunes, 19 de abril de 2021

Varios xogos

Bos días peques! Comezamos una nova semana e déixovos por aquí esta actividade na que encontramos diversos xogos para seguir aprendendo.

jueves, 15 de abril de 2021

Trabadas

 Bos días nen@s!

Hoxe imos repasar os sinfóns ou trabadas con estas fichiñas interactivas e logo temos un xogo moi divertido. 

Imos alá co xoves!





lunes, 12 de abril de 2021

Diversión total

 Neste xogo que vos traigo aquí temos diferentes posibilidades de aprender e de pasalo xenial coloreando.

Pinchade na imaxe para comezar.

Practicamos o S

Bos días peques!

Déixovos por aquí este xogo para practicar a pronunciación do fonema S. 

Imos alá!

martes, 6 de abril de 2021

3° trimestre

 Bos días peques!

Imos a pola recta final deste curso, o terceiro trimestre. 

Moito ánimo e a traballar moito😊

martes, 23 de marzo de 2021

As froitas e as verduras

Seguimos traballando o vocabulario das froitas e das verduras con esta ficha interactiva. Imos alá!

lunes, 22 de marzo de 2021

Chegou a primavera

 Bos días peques! 🌼🌻🌺🌹🌷


Comezamos esta semana coa entrada da primavera e que ben nos senta este sol!

Hoxe déixovos por aquí unha tarefiña da primavera: prestade moita atención para resolver estas adiviñas.


Primavera, an interactive worksheet by VictoriaGarciaN
liveworksheets.com

Agora imos todos a cantar con esta canción!


lunes, 15 de marzo de 2021

Con S ou con Z

 Seguimos traballando os fonemas S e Z e, para iso, déixovos por aquí esta tarefa. Teredes que diferenciar se as seguintes palabras se escriben con S ou con Z e rodealas coa cor correspondente. 

Quén escapou?

Bos días peques!

Hoxe déixovos por aquí un xogo para prestar moita atención e activar as neuronas neste luns pola mañá 😃😃😃

Atentos!

miércoles, 10 de marzo de 2021

As froitas

 Nesta entrada imos traballar o vocabulario e repasar o nome de diferentes froitas. Coñecédelas todas? Ademais, tamén recordamos que comer froita é fundamental para crecer fortes e sans 😊


A continuación, tedes un xogo con adiviñas sobre as froitas: 

Seguimos coas trabadas

 Ola peques!

Seguimos practicando as trabadas e para iso déixovos por aquí esta actividade.

lunes, 8 de marzo de 2021

O Gusanito

 Xa sei que vos gusta moito o conto do Gusanito, por iso, vouno deixar tamén por aquí. 

A practicar!

Xogamos coa R

Comezamos unha nova semana do mes de marzo e tráigovos esta actividade co fonema R.

Espero que vos guste 😊😊😊

viernes, 5 de marzo de 2021

Cal é a correcta?

 Bos días peques!

Nesta entrada déixovos este xogo no que teredes que elixir cal é a letra correcta e corrixir a que está mal.

martes, 2 de marzo de 2021

Imos á compra

 Este xogo que vos propoño para traballar o cálculo consiste en empregar tickets da compra que nós mesmos faremos. Deste xeito, podemos seguir diferentes reglas: 

En primeiro lugar teremos que elaborar unha lista da compra, por exemplo, de verduras e froitas, unha lista da compra para preparar unha cea saudable; facer unha lista con alimentos para o almorzo do día seguinte, etc.

Logo, teremos que saber canto debemos pagar, polo que teremos que facer unha suma cos prezos deses alimentos. Desta forma, teremos que saber cantos euros imos gastar. 

Animádesvos?

Prepara a túa lista da compra, calcula canto vas gastar e comproba que o ticket sexa correcto 😜😜

Déixovos aquí un enlace para poder xogar con estes tickets. 


Ademais, tamén vos deixo por aquí un recurso moi chulo para traballar o vocabulario dos alimentos. 

Completamos coa Z ou C

Ola peques!

Déixovos por aquí esta tarefa para traballar e practicar o uso da Z e da C.

za, zo, zu, ce, ci, una ficha interactiva de BEATRIZBG
liveworksheets.com

jueves, 25 de febrero de 2021

Trabadas trabadiñas

 Estes grupos de letras chamadas as trabadas ou os sinfóns son un pouquiño complicados. 

Imos traballalas!


Trabadas, una ficha interactiva de CarmenALyPT
liveworksheets.com

martes, 23 de febrero de 2021

O xogo do avión

 Ola nen@s! 😊😊😊

Volvemos das vacacións de Entroido e déixovos por aquí un xogo moi chulo para traballar a atención xunto con outros conceptos como as cores, as formas e os tamaños. 

Fai clic na imaxe.

jueves, 11 de febrero de 2021

Dictado con R

 Ola peques!

Nesta entrada déixovos esta fichiña interactiva para practicar un dictado con palabras con R. 

E, por outro lado, outra tarefa para practicar o uso da R e da RR. 

Dictado r, una ficha interactiva de BarbaraGuillem
liveworksheets.com


Ortografía r o rr, una ficha interactiva de cristinap
liveworksheets.com

martes, 9 de febrero de 2021

Seguimos as instruccións

Tedes que ler con moita atención para facer esta tarefa. Imos alá!

Xogo de ler

Bos días peques! Que tal?

Déixovos por aquí este xogo de lectura.

Fai clic na imaxe

lunes, 8 de febrero de 2021

Chegou o entroido

 Bos días peques! 

Xa estamos na semana do Entroido, unha semana moi especial na que teremos que seguir as ordes que nos manda o MECO do cole. Estades listos? 

miércoles, 3 de febrero de 2021

R ou L

 Nesta tarefa teredes que identificar se os obxectos teñen L ou R e pronuncialos en voz alta.

Imos!

Escoitamos..

Bos días!

Déixovos por aquí dous xogos nos que teredes que prestar moita atención e, sobre todo, escoitar moi ben.

Xogo 1:


Xogo 2:


lunes, 1 de febrero de 2021

Situacións

Nesta tarefa teredes que prestar moita atención para adiviñar a resposta correcta. 

Imos alá!

Intrusos

Bos días peques! 😊😊

Hoxe tócanos cambiar de mes pero temos que lembrarnos que aínda seguimos na estación do inverno. 

Por iso, déixovos aquí un xogo de intrusos relacionado co inverno.

Fai clic na imaxe.

miércoles, 27 de enero de 2021

Comeza por...

Ola peques! Déixovos por aquí este xogo para traballar a lectoescritura e a conciencia fonolóxica.


jueves, 21 de enero de 2021

Xogos varios...

 Ola nen@s!

Déixovos este xogo que engloba diferentes tarefas e xoguiños. Espero que vos guste 😊

lunes, 18 de enero de 2021

Grupiños de letras

 Con estes xogos imos practicar eses grupiños de letras que a veces nos costan un pouquiño maís. Siiii, as trabadas!

Imos alá! 😊😊

Fai clic na imaxe

Con este xogo tamén aprenderás a pronunciar correctamente estas palabras: 

Z ou S?

 Bos días peques!

Hoxe imos facer unha actividade para practicar os sons da S e da Z.

Fixádevos moi ben e completade as seguintes palabras coa letra correcta:



jueves, 14 de enero de 2021

Que fríooooooo

 Estes días case todos vimos a neve e sabemos que fai moito frío!!!!! 

Por iso, hoxe déixovos aquí esta fichiña para facer relacionada coa estación do inverno.

lunes, 11 de enero de 2021

Imos a polo 2º trimestre

Ola peques! 😊

 Xa estamos de volta e estes días estades contando o ben que o pasastes no Nadal e a morea de regalos que vos trouxeron. ✌❤

 Agora tócanos seguir co segundo trimestre deste curso e déixovos por aquí este xogo para practicar o fonema R que espero que vos guste.