viernes, 29 de mayo de 2020

A cantar

Tócavos cantar! 🎵🎵🎵🎵

Déixovos esta recompilación de cancións para que elixades a que máis vos guste e que animedes o fin de semana 😋

O xogo do aforcado

Si, si, xa sei que vos gusta moito este xogo 😊😊😊

Como non podemos facelo na nosa pizarriña da clase, imos xogar online. Prestade atención e elixide as letras que máis se adapten.

Espero que vos guste moito 😃

Viñetas

Neste exercicio tedes que ordear as viñetas seguindo unha secuencia temporal, é dicir, ordealas de forma que teñan sentido no tempo: que fan primeiro, cal é a seguinte acción.... e que fai ao final.

Non é necesario que imprimades as imaxes, podedes escribir nun caderno ou nun folio a orde ou explicalo en voz alta. Se o explicades falando, podedes gravar un vídeo ou un audio e mandarmo para ver que ben o fixestes. 😊


Sílaba a sílaba

Chegou o fin de semana peques! 😉 Por iso vos traigo uns xogos moi sinxelos e, logo, a disfrutar do SOOOOOL!

Con este xogo que temos nesta entrada imos practicar a segmentación das palabras en sílabas. É un xogo moi doado, no que teredes que levar a este monstruiño polo campo para atopar as palabriñas.

Preme na imaxe para xogar

jueves, 28 de mayo de 2020

Ra, re, ri, ro, ru

Veña, imos cunha entrada para repasar a pronuniación da.......

Primeiro, como xa sabedes, debemos facer unhas praxias e uns xogos de soplo diante do espello, para ver como colocades a lingua e intentar facer o son RRRRRRRR. Se non recordades como se facían (QUE ESPERO QUE SIIIIIII 😆), premede AQUÍ para ir a outra entrada do BLOG que vos lembra cal é o proceso a seguir.

(Xa sabedes que podedes facer un vídeo e mandarmo para ver o ben que o estades a facer).

Unha vez que teñades feito as praxias e o soplo imos xogar a este xogo que está super ben e moi completo, xa que tedes diferentes opcións de xogo.

Preme na imaxe para acceder e lembra activar o Adobe Flash Player para que funcione o xogo. 


Lembra pronunciar en voz alta todas as palabriñas que encontres con R.

Dubidamos....

Si, esta entrada vai sobre dúbidas, xa que algunhas veces podedes ter dúbidas co emprego de algunhas letras, como por exemplo a B ou a D, a P ou a T, etc.

Por iso vos traigo este xogo, para que practiquedes un pouquiño e elixades a palabra correctamente. Espero que vos guste 😀

Sobra unha

Nesta entrada tedes un exercicio moi sinxelo no cal debedes adiviñar cal é a palabra intrusa 😎

Polo tanto, escribide nun caderno ou nun folio a palabra de cada fila que non se relaciona coas outras e explicade por que. Logo, tedes que engadir vós unha palabra que ocupe o seu lugar, é dicir, unha que sí se relacione co grupo de palabras.

Un exemplo: 

pera -  mazá  -  coello  - uva

A palabra que non se relaciona é COELLO, 
porque é un animal e as demais palabras pertencen ao grupo das froitas. 

Engado unha que si ten relaciona: melón.

Agora é o voso turno. Cando rematedes este exercicio, sacádelle unha fotiño e enviádema para ver que ben o fixestes. Lembrade!

Poñemos orden

Bos días peques! Imos a polo xoves 👍

Hoxe temos que poñer un pouquiño de xeito a estas frases que se desordearon todas. Como se trata dunha ficha interactiva que tedes que facer no móvil ou no ordenador, non fai falta que a imprimades. Unha vez que a teñades feita, lembrade, sacádelle unha foto e mandádema ao correo 😊

Ordena oraciones, una ficha interactiva de tezalez
liveworksheets.com

miércoles, 27 de mayo de 2020

Fala un pouquiño

Con este bo tempo que temos xa apetece un chapuzón 😂💦 Por iso, vouvos compartir esta lámina para que observedes o que vedes nela e faledes un pouco.

Primeiro, observade con calma e describide todo o que vedes: obxectos, persoas, accións.... E logo, podedes xogar con alguén da vosa familia ao VEO-VEO. 😸

A ratiña presumida

Nesta entrada tráigovos este conto que seguro que moitos xa coñecedes, pero igual esta versión non. Polo tanto, estade moi atentos, que logo tedes unhas actividades para facer 😊

Preme na imaxe para acceder

Corrixe

Para os nenos e nenas máis maiores que teñen que practicar a escritura e as regras de ortografía déixovos esta tarefa para que corrixades estes textos.

Fixádevos ben para corrixir todos os erros: maiúsculas ou minúsculas, b/v, mp/mb, g/j, etc. Cando teñades localizados os erros, volve escribir de novo os textos nun folio ou nun caderno (sácalle unha fotiño e mándamo ao correo para ver que ben o fixeches 😊)

TEXTO 1:

el berano pasado fui de escurción a un canpamento. La esperienzia fue enriquezecora ya que fui con todos mis amijos. lo que más me gustó fue la piszina porque apremdí a nadar sin mangitos. bolbería encantado este año.

TEXTO 2:

queridísimo fernando: sé que has obtenido un éxito muy valioso. ¡enhorabuena! me alegro sinceramente. es un orgullo sentirse amibo de jente como tú. ¡eres un "tío" estupendo!
saludos cariñosos a tu familia.
te abraza fuertemente
manolo.

TEXTO 3: 

recordamos que el duero y el ebro son los ríos más caudalosos de españa. el más largo es el tajo.
los montes más altos son el teide en canarias y el mulhacén en granada.
la península ibérica está bañada por el océano atlántico y los mares cantábrico y mediterráneo.

Figuras de cores

Imos poñer o noso cerebro en funcionamento con este exercicio.

Poñede moita atención e que non se vos escape ningunha 😁

martes, 26 de mayo de 2020

Completa con S

Imos traballar o fonema S con esta fichiña super fácil.

Completa coas sílabas que faltan e logo colorea os debuxos (se podes imprimir a ficha. Se non a imprimes, podes debuxalos ti nun folio ou nun caderno).

Logo, elixe 3 palabras e inventa unha breve historia na que participen eses 3 elementos. Os nenos e nenas máis maiores podedes escribila, pero OLLO, sen faltas de ortografía 😆

Ao rematar, sacádelle unha fotiño e enviádema ao correo 😀

Cal NON é?

Nesta fichiña imos traballar un pouquiño de vocabulario, dunha maneira algo distinta.
Tedes que adiviñar que palabra non se corresponde coa pregunta que nos fan.

Xa verdes como é moi fácil 😉

Inferencias 01, una ficha interactiva de aog320
liveworksheets.com

Escoita

Neste xogo teredes que estar en completo silencio, xa que teredes que escoitar moi moi ben. Vai sobre ANIMAIS, que sei que vos gustan moito 😊

Primeiro podedes escoitar para logo xogar, pero se vos atrevedes, déixovos ir directamente ao XOGO para ver se adiviñades de que animal se trata.

Xa me contaredes como vos saíu 😁😀

lunes, 25 de mayo de 2020

7 diferenzas

Prestade moita, moita atención! 😲

Temos dúas imaxes que parecen IGUAIS, pero non o son 😂😂 Hai 7 diferenzas entre elas! Seredes capaces de encontralas


Sílabas trabadas

Nesta entrada practicaremos esas sílabas trabadas ou sinfóns que, en ocasións, nos resultan un pouquiño complicadas.

Pasade polas diferentes sílabas para practicalas e facer os xogos 😊

Preme na imaxe para xogar

O conto de Lucas

Bos días peques! Que tal? Comezamos unha nova semana chea de 🌞🌸🌹🌻🌼

Imos comezar facendo unha lectura un pouquiño diferente. Trátase dun conto protagonizado por Lucas, unha persoaxe que teredes que descubrir na seguinte imaxe....

Primeiro lede o conto e logo podedes facer as actividades que nos propoñen. Poñede moita atención 👀

Preme na imaxe para xogar 

viernes, 22 de mayo de 2020

Xogo e aprendo

Compártovos aquí un xogo de vocabulario con catro temas: natureza, comida, animais e cousas. Podedes practicar os catro para ver que xogos tan chulos ten.

Hoxe propóñovos ir ao de NATUREZA e descubrir canto sabedes deste tema. E, logo, a desfrutar dela na fin de semana se tedes a oportunidade 🌴🌷🌹🌻🌼🌺

Fai clic na imaxe para xogar e habilita o FlashPlayer

Todo con R

Tócanos seguir practicando o fonema R.
Polo tanto, en primeiro lugar imos facer unhas praxias para exercitar a nosa lingua, os beizos e a mandíbula. Tedes moitos exemplos de praxias no BLOG, elixide 5 formas das que vos queirades, poden ser similares a estas:


Logo, diante dun espello colocamos a lingua na posición correcta para facer o son RRRRRRRRR....


E, para rematar, imos a facer esta fichiña. Na primeira parte tedes que ordear as sílabras e formar palabras. Logo tedes que lelas en voz alta pronunciando o R lentamente. E no segundo exercicio, debedes ordear as palabras para formar unha oración. Do mesmo xeito, ao rematar lede a frase en voz alta:

G/J

Bos días chicolines!! Imos a polo venres para logo desfrutar dun fin de semana de moito 🌞

Traigo esta fichiña para os nenos e nenas máis maiores, para practicar un pouquiño de ortografía co uso das letras G e J.

Imos alá!
Palabras con g y j, una ficha interactiva de Sabe
liveworksheets.com

jueves, 21 de mayo de 2020

A primavera

E con este bo tempo que temos apetéceme compartirvos esta fichiña para que faledes un pouquiño, xa que sei que vos encanta 😁😁

O tema é sobre a Primavera e aquí vos deixo unha chea de imaxes que se relacionan con ela. Cóntalle a alguén da túa familia qué son estes obxectos e por que se relacionan con esta estación do ano tan fermosa. Ahhhh, si se che ocurre algún maís escríbeo nun folio e fai un debuxiño.

Coñecédelos todos?

E outra cousiña, que estación do ano está a piques de chegar? 🌞🌞🌞

Busca con atención

Imos traballar o fonema S e para iso vos deixo esta imaxe chea de obxectos.

Tedes que buscar palabras que empezan pola letra S e escribilas nun folio ou nunha libreta, dicindo o seu nome en voz alta.
E logo, teredes que escribir dúas palabras máis que se relacionen con ese obxecto. Por exemplo, se a palabra que encontrastes foi SILLA, dúas máis que se relacionen con ela poden ser: sofá, tumbona. Por que? Porque son obxectos para sentarse.

Cando o teñades listo sacádelle unha fotiño e mandádemo para ver que palabras puxestes 👍😃

Tiro porque me toca

Nesta entrada compártovos un xogo de ortografía similar a outro xogo que coñecedes, é un Parchís Ortográfico.

O primeiro paso que tedes que dar é elixir a vosa personaxe. Logo, podedes practicar diferentes regras de ortografía: b/v, c/z, g/j, uso da h, etc. Pero non todo hoxe, repartídeo para diferentes días 😉

Preme na imaxe para xogar e activa o FlashPlayer

Contos especiais

Bo día peques! Espero que estedes ben, sodes uns campións asi que imos a por un día menos 👌

Tedes que ver este xogo super divertido! Titúlase "Contos loucos" 😂 Vós ides ser os protagonistas do voso propio conto, polo que teredes que escribir unhas palabriñas que vos pide o xogo e con esas palabras vaise crear un conto que non sei se terá moito sentido.... 😁😂

Tedes diferentes esceas: na praia, a casa embruxada, nunha festa, nun parque de atraccións... elixide o que máis vos guste e inventade o voso conto. Cando escribades esas palabriñas, lédeo todo, xa veredes que orixinal 😃

Preme na imaxe para empezar

miércoles, 20 de mayo de 2020

Atopa e inventa

Investiga e le qué palabras se esconden debaixo de cada icono 👀

Logo, elixe dez das que tú queiras e inventa unha frase con cada unha desas palabras. Podes facer tamén un debuxo que represente esa frase que inventaches. Cando remates, sácalle unha foto ao teu traballiño e mándamo para velo 😊


BR

Compártovos este xogo para practicar o grupo consonántico BR. Como ides ver, tedes varias opcións de xogo, asique pasade por cada un para dicirme cal é o que máis vos gustou. 

Preme na imaxe para xogar e lembra habilitar o Flash Player para que funcione correctamente.

Pensa e escribe

Imos agora cun xogo de vocabulario no que terás que pensar un pouquiño. Pero vai ser moi fácil, xa verás.

Lee atentamente as oracións e completa:

Vaia lio

Hoxe compártovos esta ficha na que teredes que darlle un pouco de xeito a estas oracións, xa que as palabras están desordenadas e deste modo, a frase non ten ningún sentido.

Prestade moita atención e ordeade as oracións de maneira correcta 😊


martes, 19 de mayo de 2020

A soplar

Imos facer algún xogo de SOPLO, que como sabedes son moi importantes para que os sons das nosas letras salgan da nosa boca fortes e escoitemos unhas palabras perfectas, por iso TODOS podedes practicalos.

Para facer estes xogos non necesitamos moitos materiais, xa que podemos elaborar xogos divertidos con materiais reciclados que teñamos pola nosa casa: globos, pompas de xabón, canastillas de fútbol, carreiras de pelotas....

Eu fixen este vaso de papeis super sinxelo, mirade: 


Necesitaredes: un vaso de plástico, unha palliña, un trozo de papel de cociña ou unha servilleta, unha goma elástica e trociños de papeis. Teredes que facerlle un buratiño ao vaso pola parte inferior coa axuda dun adulto e colocar a palliña. Metedes os papeis dentro do vaso e cerrádelo moi ben coa servilleta e a axuda dunha goma e...... a SOPLARRRRR con forza. 
O obxectivo é que os papeis den voltas polo vaso e para iso, hai que soplar moito moito! 😂💨

Outra forma de xogar moi sinxela é facer cambios de auga dun vaso a outro. Si,si.... Só necesitaredes dous vasos de plástico e unha palliña. Teredes que encher un dos vasos e pasar coa palliña a auga ao outro vaso sen que perdades ningunha gota e tampouco se pode beber, eh! 😂😂😂
Non é tan fácil, verdade??? 😂


Animádesvos a facer un CIRCUITO con plastilina? Sei que vos gustan moito! 😋😋
Necesitaredes plastilina e unha pelotiña de poliespán ou un pompón. Primeiro faredes churros de plastilina delgadiños para formar o circuito. Podedes facelo de mil maneiras diferentes, eu fíxeno como un caracol: 


Non tedes plastilina na casa? Teño a solución 😝😝 Mirade este video para facer un experimento e crear a vosa propia plastilina caseira! 😱😱 Veña, veña.... quero ver eses resultados 😹😹


Propóñovos a todos e todas que elaboredes un xogo de soplo da forma que queirades e como máis vos guste. O obxectivo cal é?, SOPLAR! Mandádeme unha fotiño cando o teñades para ver que chulo vos saiu 😊

O conto de Aurora

Coñecedes a Aurora?

Pois nesta entrada tráigovos o seu conto, co cal quere demostrarnos o importante que é coidar a nosa voz. Lede con moita atención, xa veredes que interesante é este conto.



Compártovos tamén unhas pautas e recomendacións para o coidado da vosa voz. Espero que estes días de confinamento tamén a tiverades en conta e a estedes coidando moi ben.

Premede na imaxe para acceder. 


¿Quén é quén?

Seguro que xogastes moitas veces a este xogo de Quén e quén 😁 Trátase de adiviñar a persoa que están describindo, dicindo a cor de pelo, os ollos, a vestimenta que leva posta, etc.

Pois prestade moita atención para adiviñar de que persoa se trata en cada caso:


Sopa de letras

Para practicar o fonema Z déixovos aquí un xogo no que teredes que prestar moita moita atención. Trátase dunha sopa de letras. En primeiro lugar, lede con calma as palabras que tedes que buscar, lembrando como temos que colocar os labios e a lingua para pronunciar a zzzzzzzzzz.

Seredes capaces de atopar todas as palabras? 👀

lunes, 18 de mayo de 2020

Fala, fala

Imos describir a seguinte imaxe sen deixar nada sen nomear! 😂😂

As regras son as seguintes: os máis pequenos teredes que explicarlle a alguén da vosa familia o que vedes na imaxe, fixándovos moi ben. Ahí teredes que dicir que vedes, de que cor, para que serve, quén o está usando, para que.....

E os máis maiores, faredes unha breve descripción escrita explicando tamén o que observades na imaxe. Logo, mándadema ao correo para observar que ben o fixestes 👋👋

Que comemos hoxe?

Xa sei que estes días estades axudando un montón na cociña e preparando pratos e doces riquísimos!!!!!! 🍩🍧🍰🍟🍕🍖🍒🍩 Por iso, compártovos este xogo para traballar o vocabulario dos alimentos e das comidas.

É un xogo no que podedes elixir diferentes opcións: de memoria, para clasificar, sopas de letras, intrusos, puzles, etc. Eu propóñovos que xoguedes a todas, pero non soamente hoxe 😁😁 

Que tal se hoxe practicades o CLASIFICA, os INGREDIENTES e o PUZLE? 

Preme na imaxe para xogar!

Hora de ler

Bos días peques! Que tal? 
Espero que todos e todas estedes ben xunto coa vosa familia. Xa queda un día menos, asique imos a por él! 😉

Hoxe tráigovos dúas lecturiñas moi sinxelas, que aínda que xa sei que estades lendo un montón, van axudarvos para traballar a comprensión.

Mirade!

A primeira delas é moi fácil, soamente teredes que ler e contestar se as preguntas son verdadeiras ou falsas.

E a segunda lectura titúlase "El perro de Ramón". É unha lectura moi breve coa que vades practicar tamén esa letra que a veces custa un pouquiño pronunciar, o R

Cando as teñades feitas podedes mandarmas ao correo para revisar. Xa sabedes, non fai falta que imprimades as fichas, podedes escribir as respostas nun folio ou nunha libreta e sacarlle unha foto para mandar. 

viernes, 15 de mayo de 2020

Elixe e xoga

Como hoxe é venres vouvos deixar elixir o xogo que queirades, pero non fagades trampas 😇😇Elixide na seguinte imaxe o dedo que queirades e premede nel. Cada un deles ten un xogo diferente: para practicar diferentes fonemas R, S, Z, sinfóns; xogo de mates, contos, trabalinguas, etc.
SORTE! 💪

P.D. Podedes facer máis dun 😝😝 e dicirme cal foi o que máis vos gustou 😸

Detectives de palabras

Algunha vez xogastes a ser detectives? Pois aquí vos comparto un xogo para ser detectives de palabras. Sabedes como?

Preme na imaxe e xoga coas palabras sendo un detective fabuloso 🎭

Recorda habilitar o Adobe Flash Player para xogar

Xoga con Elena

Coñeces a Elena?

Elena é unha nena que che trae un xogo de diferentes sons. A ver se eres capaz de adiviñalos todos. Fai clic na imaxe para xogar con ela 🎷🎶🎵

Recorda habilitar o Adobe Flash Player para que funcione o xogo correctamente.

jueves, 14 de mayo de 2020

Que ves?

Imos facer nesta entrada o xogo do VEO-VEO coa seguinte imaxe.

Xa sabedes, podedes xogar de diferentes maneiras:

-Veo-veo coa primeira letra de cada debuxo.
-Veo-veo coa descripción do obxecto: para que serve, cando o emprego...
-Veo-veo segundo a cor.

FONEMAS

Hoxe compártovos un xogo MOOOOOI chulo 👋👋👋👋

Mirade, tedes que premer na imaxe para abrir o xogo e buscar o fonema co cal tedes algunha dificultade de pronunciación para practicar e traballar. Por exemplo, @s que tedes que practicar o R, tedes que pinchar no fonema R; se tedes que mellorar a S, a Z...

Logo, en cada pantalla que vos vai saíndo tedes que ir facendo as tarefas que vos pide: averiguar o nome das imaxes e escribilas nun folio, adiviñar e unir, formar oracións, etc.

A xogar!

Letras galegas

Esta entrada ímola adicar ao día das LETRAS GALEGAS, que como sabedes está a piques de chegar e, polo tanto, témolo que celebrar aínda que non poidamos estar no cole.

Para iso, tráigovos tres actividades diferentes. MIRADE!   

1. A seguinte imaxe trátase dunha nube de palabras. Propóñovos que busquedes e identifiquedes as palabras galegas que ahí se agochan e, logo, que busquedes o significado de cada unha delas. Se xa o sabedes, describídea coas vosas palabras e aquelas que non coñezades o significado pregúntadelle a alguén da vosa familia ou buscade nun diccionario ou en Internet.

Logo, intentade engadir algunha palabra galega máis que coñezades a esta nube e cando a teñades enviádeme o resultado 👌


2. Na seguinte actividade propóñovos un xogo que elaboraron nun colexio para saber un pouquiño máis sobre o día das LETRAS GALEGAS. Sabedes quén é Ricardo Carvalho Calero? 



3. Por último, compártovos un vídeo dun conto que escribiu Ricardo, chamado "As pitas baixo a choiva". Fixeron este vídeo no CEIP Vilaverde de Mourente para que desfrutemos todos deste conto tan bonito 😉

miércoles, 13 de mayo de 2020

Falamos

Propóñovos agora que faledes un pouquiño e para iso tedes que describir a seguinte imaxe. Para @s máis pequen@s tedes que contarlle a alguén da vosa familia o que estades vendo, que sucede na imaxe, onde están, cantas persoas vedes, se hai algún animal, que obxectos identificades, se sabedes xogar a algún xogo dos que están a facer estes rapaces, etc.

E para @s nen@s que sodes mais maiores propóñovos que fagades unha redacción describindo a imaxe do mesmo xeito.

Cando a teñades lista, podedes mandarma, ao igual que podedes mandarme un vídeo ou un audio grabando o que describades da imaxe. 


Pasapalabra

Sei que algún de vós vedes o xogo da tele de Pasapalabra coas vosas familias, por iso vos deixo aquí unha ruleta semellante a este xogo para que vós tamén poidades xogar.

Neste caso, trátase dun Pasapalabra de Animais 🐃🐄🐎🐏🐐🐤🐣🐚🐗🐌

Espero que vos guste 😉

Preme na imaxe para xogar

Dámoslle ao coco

Déixovos nesta entrada un xogo moi chulo de mates, para pensar un pouco e poñer o coco a funcionar 😂😂😂


Facede clic na imaxe para xogar e recordade activar o Flash Player para que o xogo funcione


PR-PL/ BR-BL

Compártovos aquí estas fichas para aqueles nenos que tedes dificultades para recoñecer os grupos PR ou PL e os de BR e BL.

Son exercicios moi sinxelos, pero debedes prestar moita atención para facelos xenial 👀
Cando os teñades listos podedes enviarmos ao correo para corrixir.

PR-PL



BR-BL

martes, 12 de mayo de 2020

Practicamos o R

Este xogo é estupendo para todos os nenos e nenas que estamos practicando o fonema R.

Mirade, ten diferentes partes: xogos de emparellar, diferenciar o R simple do R forte, escoitar palabras e escribir o seu nome, completar poemas, contruír frases...

Entrade na imaxe e practicade as diferentes opcións de xogo 👍

Pipo: b e v

Coñecedes a Pipo?

Eu creo que sí. 😊 Pois invítovos a xogar con él nesta actividade que nos trae de ortografía, para practicar o uso do B e do V.

Fai clic na imaxe para xogar

Trabalinguas

Con este xogo pretendo que non se vos trabe a lingua ao ler estos pequenos textos 😆😅
Intentade ler o máis rápido posible e se aprendedes algún de memoria contádemo.

Imos!

lunes, 11 de mayo de 2020

Run, run.....

Nesta entrada imos xogar cos sons dos diferentes medios de transporte e para iso tráigovos un video no que tedes que adiviñar que medio de transporte está soando.

Estade moi atentos 😁

Uñas pintadas

Hoxe compártovos un conto moi especial para que escoitedes con moita atención, xa que logo vos propoño unha pequena actividade para comprobar que estivestes moi atent@s e non perdestes detalle.

Facede clic no vídeo e a escoitar 😻


Unha vez que terminastes de escoitar este conto, respondede as seguintes cuestións que son moi fáciles:


E por último, a vós gústavos pintar as uñas? 😊

Un ou uns?

Comenzamos a semana cun xogo moi fácil para practicar os plurais das palabras. Fai clic na imaxe para comezar o xogo.

Unha vez que o termines, propóñoche que escribas nun folio outras 10 palabras de obxectos que teñas ao teu redor e escribas o singular e o plural como no xogo.

viernes, 8 de mayo de 2020

UN DÍA MENOS

Onde estou?

No seguinte vídeo imos traballar o vocabulario e teredes que adiviñar onde está a protagonista. Moi atent@s! 👌

O conto de Elena

Este é o conto de Elena, unha nena que nos quere contar o seu conto. Para iso tedes que axudarlle, xa que ela tamén nos quere facer preguntas a nós. ¿Queredes saber máis? Pois premede no conto e a ler 📖⏳




Fai clic aquí se o queres descargar

jueves, 7 de mayo de 2020

Un crebacabezas

Este xogo seguro que vos encanta, imos facer un "puzzle"! Xa sei que son máis divertidos os que temos na aula, pero hoxe temos que facelo de forma virtual.

¿Que imaxe sairá cando o teñades ordeado ❓❓❓❓

Secuencias temporais

Este xogo que vos comparto permítevos traballar as secuencias temporais. Asique entrade na imaxe e imos poñer orde as viñetas que nos indican 😀

Vestímonos

Igual que facedes todas as mañás, toca vestirse 👗👓👒🎁. Por iso vos traigo aquí un xogo de vocabulario sobre a roupa.

Facede clic na imaxe e xogade coas diferentes modalidades de xogo que aparecen.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Praxias

Caperuchiña Vermella trae un vídeo para axudarvos a facer uns exercicios de praxias, a ver se vos gustan 😉

Grupos de letras

Compártovos outro xogo para practicar os sinfóns br/bl, fr/fl, cr/cl, pl/pr...., xa que hai nenos e nenas que os estabamos traballando na aula para conseguir a súa pronunciación correcta.

Pinchade na imaxe e a xogar! Tedes diferentes opcións de xogos: asociar imaxes, clasificación, puzles, etc.

A corrixir

Esta actividade tráigovola para traballar a ortografía e a atención para aqueles nenos e nenas máis maiores. Está relacionada con esta pandemia e esta situación que nos tocou vivir, pero que pronto conseguiremos superar.

ÁNIMO 😊

martes, 5 de mayo de 2020

Unha oca da R

É hora de xogar e para iso precisaredes un dado e unha ficha (se non tedes podedes facelos cun papel).

Colocade a ficha no sinal de START e a ver quén consegue chegar a meta. ¿Que hai que facer para chegar? Tirades o dado e movedes a ficha tantas veces como indique o dado. Na casilla na que che toque tes que decir o nome dese obxecto e intentar facer unha frase.

Imos! 🎲

Coñecemos a Babar

Nesta entrada tráigovos unha lectura protagonizada por Babar. Anívovos a averiguar de quén se trata 👀

Facede clic na imaxe e abriredes unha nova pantalla. Na marxe esquerda veredes diferentes opcións: o conto, un xogo coa portada, o seu autor....