jueves, 26 de noviembre de 2020

Preguntas e respostas

Nesta tarefa que vos propoño imos ler as preguntas das seguintes viñetas con moita atención. Logo, debedes dar unhas respostas concretas e axeitadas. 

Imos alá que xa está a piques de rematar esta semaniña!

Practicamos os sinfóns

Ola nenos e nenas!

Mirade! Este xogo usámolo moito para practicar os sinfóns e as trabadas que son unhas sílabas un pouco máis complexas. 

Seguro que vos gusta!



lunes, 23 de noviembre de 2020

Lectura para os máis peques

 Esta entrada está dedicada aos máis peques que están comezando coa lectura. Trátanse de dous xogos diferentes (nivel 1 e nivel 2) para practicar as primeiras letras coas letras de LETRILANDIA.

Imos alá!


Aprendemos palabras novas

 Bos días rapaces! 😀

Comparto hoxe este xogo de vocabulario no cal imos practicar e aprender novas palabras. Temos diferentes opcións de actividades!

ENCÁNTAME ESTE XOGO!

Preme na imaxe!


viernes, 20 de noviembre de 2020

Un rompecabezas

Terminamos a semana con este rompecabezas do outono.

Conseguiredes facelo enteiro? 👀😁

Imos contar

 Ola pequerrechos!

Vou deixarvos por aquí un xogo moi divertido para traballar os números e repasar todo o que xa sabedes.

Espero que vos guste! 😊

jueves, 19 de noviembre de 2020

Categorías semánticas

Con este xogo imos practicar un pouquiño de vocabulario seguindo as instruccións que nos indican:

Temos que ir formando unha cadea de palabras por ter algunha característica común ou por asociación. Por exemplo, se a cadea comeza por “amorodo” a seguinte imaxe sería “limón” xa que ambas son froitas, a limón continuaríalle “ amarelo”( comparten a ,mesma cor) e así seguiríase formando a cadea.

 

Elixe a correcta

 Bos día peques!

Déixovos por aquí unha actividade para practicar o fonema R. Tedes que ler en voz alta as palabras de prestar moita atención para elixir a palabra correcta. 

lunes, 16 de noviembre de 2020

Un xogo de retos

 Ola nenos e nenas! 😊

Hoxe déixovos por aquí este xogo onde teredes que superar o reto que vos propoñen.

Animádesvos?

jueves, 12 de noviembre de 2020

Traballamos o S

 Nesta actividade que vos traigo imos traballar o fonema S con diferentes tarefiñas.

Mirade!

Fonema S, una ficha interactiva de missmari
liveworksheets.com

R ou D

 Ola neno@s! Que tal?

Hoxe déixovos por aquí esta actividade para traballar o fonema R e diferencialo do D. Fixádevos moi ben: primeiro tedes que escoitar a palabra e logo escoller cal é a forma correcta.

Imos alá! Fai clic na imaxe para xogar:


viernes, 6 de noviembre de 2020

Lectura antiga

 Hoxe imos facer esta lectura comprensiva, pero non necesitaremos lapis para escribir, xa que o faremos na mesma actividade. 

Cando a teñades feita, saberedes dicirme cal é o motivo de que o título desta actividade sexa "Lectura antiga"? 😂😂😂

martes, 3 de noviembre de 2020

Ruleta de R

Ola caracolas! Que tal?

Mirade! Esta actividade está fenomenal para practicar o fonema R. Animádesvos?