jueves, 30 de abril de 2020

Imos ao super

Aqui vos traigo un xogo para ir ao super dende a vosa casiña e que fagades a compra cos vosos papis e coas vosas mamis 😊

Movede as pegatinas da parte inferior a cada parte correspondente do super e xa me ensinaredes a ver a compra que fixestes.

Son iguais?

Imos con este xogo de adiviñar, no que tedes que ver este vídeo e identificar se as palabras que escoitades son iguais ou non. Para iso tedes que estar moi moi atentos 😅

D, L ou R

Mirade que actividade tan chula para traballar os fonemas D, L, ou R. Se entrades na imaxe veredes que se trata dun PowerPoint con diversas tarefas moi sinxelas.

Espero que vos guste 😁



Fai clic aquí para descargar.

miércoles, 29 de abril de 2020

Máis de soplo

Aquí vos deixo algunha actividade máis para facer as tarefas de soplo e de paso tamén facedes manualidades, que sei que vos encantan. 😄

Podemos facer unha carreira de gusanos:

Precisades unhas tiras de papel, unha palliña e cores para decorar o voso gusano. Cando as teñades listas, soprades pola palliña para chegar á meta (que debedes establecer na mesa con outra tira de papel ou cun cartón).

Tamén podedes practicar cunha canastilla de pelotas, como as que vos mostro na imaxe. Para iso necesitades: unha botella pequena de auga, unha boliña de papel de aluminio ou un pompón e unha palliña. Unha vez teñamos todos estes materiais, comezaremos a montar o noso xoguete con axuda dun adulto. Podedes facer clic na imaxe para ver un vídeo de cómo se realiza o xoguete.

Que hai na cociña?

Nesta actividade traballamos o vocabulario dos obxectos que temos pola cociña. A ver se os identificades todos, porque seguro que nestes días de confinamento cociñastes moitísimo e empregastes moitos deles 😊

Fai clic na imaxe para xogar

Imos relaxarnos

Nesta entrada compártovos este video para practicar a relaxación, como xa sabedes, moi importante para realizar posteriormente as tarefas de articulación e as de praxias.

Co dominó

Hoxe compártovos un xogo no que empregaremos as fichas do dominó. Trátase dun xogo no que teredes que estar ben atentos e concentrados para adiviñar cal é a ficha que sigue as demais.

A xogar!

Fai clic na imaxe para xogar

martes, 28 de abril de 2020

MOITO ÁNIMO

No cole de Antas todos os profes fixemos este vídeo con moito cariño para mandarvos a todos os nenos e nenas moito ánimo para os días que quedan de confinamento nas nosas casiñas. Estádelo facendo xenial!

Moi pronto volveremos a vernos 💜😍

Adivina a opción correcta

Déixovos un xogo para os máis peques, onde tedes que estar moi atentos e adivinar a resposta correcta.

Abride o vídeo e a xogar 😝

Sopa de S e Z

Para traballar cos fonemas S e Z déixovos aquí unha sopa de letras. A ver se atopades todas as palabras agochadas 😎

Erre con erre

Imos traballar o fonema R con esta tarefa que vos traigo. Podedes facela de dúas maneiras:

1. Se tedes opción de imprimir na casa, imprimide a fichiña. Di o nome de cada elemento que coñezas e escríbeo ao lado de cada un. Despois, colorea todos aqueles que acertaches.

2. Se non podedes imprimir, abre a imaxe no ordenador ou no móvil e di o nome de cada elemento que vaias identificando. Escríbeo nun folio e intenta facer ti mesmo o debuxo. Logo, coloréao.

Cando rematedes, podedes facer o xogo do veo-veo con alguén da vosa familia describindo esa imaxe para que adiviñe o que é. 😁

 

lunes, 27 de abril de 2020

Falamos da primavera

A continuación amoso unhas imaxes para que os nenos e nenas faledes delas. Todas teñen relación coa primavera. Deste xeito, podedes contar o que ven, que pasa en cada imaxe, identificar diferentes elementos, etc.











Toca ler

Nesta entrada póñovos 3 lecturas moi curtiñas cunhas preguntas moi sinxelas para responder. 👇👀

Os nenos e nenas que sodes máis maiores tamén podedes facelas, pero para vós tamén vos propoño unha lectura titulada "Caperucita y las aves". Accedede a ela pinchando aquí. Cando rematedes de lela, na mesma páxina tedes unhas preguntas para facer e así comprobar que fixestes unha lectura moi atenta.



Describimos as persoas

Comezamos a semana cunha tarefa moi divertida para describir as persoas. E para iso, propóñovos dúas actividades.

A primeira é que fagades a ficha que vos comparto a continuación, fixándovos ben nos debuxos e nas oracións.

E a segunda actividade consiste en que collades un folio e fagades 3 debuxos de 3 membros da vosa familia e que escribades unha pequena frase que a describa.

viernes, 24 de abril de 2020

Móvome polo blog

Nesta entrada quero colgarvos un vídeo a modo "tutorial" para axudarvos un pouquiño a movervos polo blog, xa que agora hai bastantes entradas e recursos.

Espero que vos sirva de axuda 😊

Ben ou mal

Nesta entrada tócanos falar un pouquiño. Trátase de que miredes cada viñeta e describades o que está pasando en cada unha delas, contestando se son comportamentos axeitados ou non. Desta maneira, teredes que dicir que ocorre e cal é o motivo.

Veña, veña, a falar, que iso gústavos moito 😋😋



R ou L

Esta entrada está dirixida aqueles nenos e nenas que confuden o r e o l cando van acompañadas doutra letra, por exemplo, bl ou br, cr ou cl, pl ou pr. Por iso, compártovos diferentes xogos para poder practicar estes sinfóns.

Facede clic nas diferentes imaxes para xogar en cada un deles e fixádevos ben para elixir un ou outro 😉





Unha de profesións

Aquí vos deixo unha fichiña moi fácil de vocabulario, para traballar as profesións. Fixádevos ben e a ver se conseguides averiguar máis obxectos que empregan estas persoas e máis accións que realizan.

jueves, 23 de abril de 2020

Dia do libro

Hoxe tócanos celebrar o día do libro dun xeito moi diferente, confinados nas nosas casiñas. Pero, aínda así, témolo que celebrar 😊

Por iso, propóñovos que collades o voso libro preferido e que o volvades a ler, para recordar que é o que fixo para ser o que máis vos gusta. Eu déixovos un dos meus favoritos aquí no seguinte enlace, para que poidades escoitalo 👌😊

Letras e letras

Este xogo está dedicado aos máis peques que están aprendendo o abecedario. Entrade na imaxe para descubrilo e aprender as vogais e as consoantes. Logo, tedes unhas actividades moi chulas facendo clic no dado de cores que vedes na marxe inferior da pantalla.

Máis de S

Imos hoxe practicar o fonema S co vídeo do Monosílabo. Lembrade, podedes facer antes do vídeo uns exercicios de respiración, praxias e soplo que poderedes atopar no blog ✌

miércoles, 22 de abril de 2020

Imos cantar

Déixovos aquí unha canción moi bonita para repasar vocabulario dos animais e cantala coa vosa familia 👀😊🎵

Unhas lecturas para comprender

Nesta entrada tócanos ler un pouquiño prestando moita atención, xa que despois teredes que contestar as preguntas que vos piden.

Unha vez as teñades feitas, podedes enviarmas ao correo para corrixir (e lembrade, non son para facer nun día, temos que repartilas e combinalas con outros xogos do blog).

Conto con praxias

Hoxe quero achegarvos un conto moi orixinal. Trátase de facer as praxias que nos vai pedindo Peppa Pig mentras vai contando o conto.

Espero que vos guste 😊

martes, 21 de abril de 2020

Dictado

Hai tempo que non facemos un dictado na aula. Por eso, déixovos este enlace para que poidades practicar e poder facelos na vosa casiña. 

Collede un lápiz e un papel e imos alá! 

Discriminación b e d

Algúns nenos e nenas teñen pequenas confunsións cos fonemas b e d. Nesta entrada compártovos un material con diferentes exercicios que procuran mellorar esa confusión e poder corrixila.

Non tedes que facer todas as fichas nun día, senón ir repartindo para varios días e combinando diferentes xogos que tedes neste blog.

lunes, 20 de abril de 2020

Fonema R

Nesta entrada compártovos unha canción moi divertida para practicar o fonema R. A ver se sodes capaces de cantala e aprendela. 🎵

Escondite matemático

Tráigovos un xogo de mates nesta entrada para poñer a funcionar o coco e pensar un pouquiño 😊

S e Z

Para os nenos e nenas que necesitan mellorar os fonemas S e Z encontrei un xogo xenial xenial para practicalos.

Unha especie de oca, a ver que vos parece 😀

Fai clic na imaxe

De vocabulario

Ola rapaces! Que tal?

Comezamos unha nova semana e hoxe tráigovos un xogo de atención e vocabulario no que tamén teredes que empregar as matemáticas.

O xogo consiste en identificar as froitas que aparecen na imaxe. Logo, unha vez que as coñezamos todas comeza a búsqueda. Temos que estar moi atentos e atopar cantas pezas de froita hai de cada unha.

Imos alá!

viernes, 17 de abril de 2020

A falar

Agora tócavos observar moi ben. Compártovos unha imaxe para describir. Deste xeito, os nenos e nenas máis pequenos teredes que contarlle a vosa nai, pai, irmán ou irmá o que estades vendo na imaxe.

Pero, para os máis maiores o que vos propoño é que fagades unha pequena descrición escrita do que observades. Cando a teñades, podedes enviarma o mail para que a vexa e corrixir.

ÁNIMO! 😀


Unha vez que teñades isto feito, podedes facer un VEO-VEO. Pero un VEO-VEO con instruccións, xa que debedes buscar palabras que leven os fonemas R, S ou Z (en calquer lugar da palabra).
(E no caso de non atopar máis, poderedes facer o veo-veo como sabedes, con cores ou ca letra inicial da palabra).

A frase correcta

Hoxe compártovos un xogo para ordenar palabras co obxectivo de formar unha frase de maneira correcta.

Pinchade na imaxe para comezar o xogo.

Fai clic na imaxe

A practicar a letra R

Déixovos aquí unha fichiña para aqueles nenos e nenas que teñan que practicar o fonema R como facemos na clase de A.L.

Recordade, cando practicamos o fonema R, podemos facer antes exercicios de PRAXIAS  e de SOPLO que podedes encontrar no blog



Logo, cando rematedes a lectura, podedes facer esta ficha para completar e formar palabras con R. Xa veredes cantas aprendedes!

jueves, 16 de abril de 2020

Fonema S e Z

Para os nenos e nenas que traballan na aula de A.L. os fonemas S e Z, aquí vos deixo un vídeo para traballar a diferencia entre as dúas letras.

Coidar a voz

Hoxe celébrase o Dia Mundial da Voz. Foi decretado pola Federación de Sociedades de Otorrinolaringología co obxectivo de concienciar da importancia que ten a voz, así como os cuidados que debemos ter para evitar problemas relacionados coas cordas vogais. Déixovos aquí máis información que podedes ler acerca deste día.

Desta maneira, para celebrar este día o que vos propoño é que aproveitedes esta data para facer un uso responsable da vosa voz, evitando aqueles malos hábitos que poden danar as cordas vogais. (Contádeme como fixestes para celebrar este día cun audio, foto, texto...)


Coidar a nosa voz é fundamental para que nos poidamos comunicar correctamente e non teñamos dores de gorxa nin nos quedemos sen voz. Deste xeito, xa sabedes que é moi importante facer un bo uso e coidar as nosas cordas vogais.

Para iso, hoxe imos facer uns exercicios de respiración, os cales son fundamentais tamén para o coidado da nosa voz.

Comezamos con este conto. Sentade nunha cadeira ou no chan nunha postura corporal adecuada e escoitade o conto imitando a este neno.


Logo, déixovos este vídeo no cal podedes seguir unhas recomendacións na vosa casiña para mellorar o coidado da vosa voz. ANOTADE TODAS AS PAUTAS! 💭

Xogo para pensar

Xa sabedes que as matemáticas son moi importantes e que as aplicamos na nosa vida a diario, por iso vos deixo hoxe un xogo para pensar.

¡Vai de figuras e pezas que tedes que encaixar!


Fai clic na imaxe

Xogo múltiple

Tedes aquí un xogo estupendo que combina diferentes temas, fundamentalmente a atención e o vocabulario. Podedes traballar sobre os animais, o medio no que vivimos, os números, as letras, etc. Entrade na imaxe para xogar e ide cambiando de tema para ver os diferentes xogos que se agochan en cada un: buscar iguais, emparellar seguindo unha orde, colocar figuras no seu lugar, facer labirintos, etc.

Espero que vos guste 😉😊

miércoles, 15 de abril de 2020

A ler un pouco

Nesta entrada póñovos 3 lecturas moi curtiñas cunhas preguntas moi sinxelas para responder. 👇👀

Os nenos e nenas que sodes máis maiores tamén podedes facelas, pero para vós tamén vos propoño unha lectura titulada "El príncipe feliz". Accedede a ela pinchando aquí. Cando rematedes de lela, na mesma páxina tedes unhas preguntas para facer e así comprobar que fixestes unha lectura moi atenta. Premede en "Pon a prueba tu comprensión lectora. A jugar" e respondede! 






A ruleta das emocións

Nesta entrada traigo un xogo sobre as EMOCIÓNS.

Xa sabedes que as emocións son moi importantes, porque ao longo do día todos e cada un de nós sentimos e mostramos diferentes sentimentos e emocións.

Seredes capaces de identificar as seguintes emocións?

martes, 14 de abril de 2020

Voltamos cun xogo de ortografía

Ola nenos e nenas! Como estades?

Hoxe empeza o novo trimestre e aínda que non podemos estar no cole polo de agora, seguiremos estando en contacto a través deste espazo.
¡Pero xa queda menos para volver a vernos! 😊

Nesta entrada vouvos poñer un xogo de ortografía moi divertido. Tedes diferentes opcións de xogos, para practicar esas palabras que a veces non sabemos ben como temos que escribir: con h ou sen h, r/rr, mp-mb.

Pinchade na imaxe e a xogar!


Ademais, déixovos uns vídeos dunhas cancións moi bonitas que nos acompañan estes días en todos os medios para animarnos a tod@s.

Subide o volume e a cantar!! 😎🎤🎵


viernes, 3 de abril de 2020

Temos agora por diante as vacacións de Semana Santa, asique aproveitade para descansar, xogar moito, ler, debuxar, etc. etc. Pero, sempre dende a casa!!!

Vémonos prontiño 😊

jueves, 2 de abril de 2020

Letra correcta

No seguinte enlace déixovos un xogo moi divertido para aqueles nenos e nenas que teñan algunha dificultade na lectura e escritura de algunhas palabras, así como na confusión de algúns fonemas con outros.

Facede clik na foto e a xogarrrrrr!!!!!!


Vocabulario: A nosa casa

Este xogo tan chulo é ideal para todos os nenos e nenas para ampliar o seu vocabulario e aprender novas palabras de cousiñas da nosa casa!

Despois, tamén podedes facer unha recompilación de cousiñas diferentes que teñades pola casa para que o neno ou nena diga o que é e para que serve. Podedes gravar un vídeo e mandarmo para ver que ben o facedes.

Imos!


miércoles, 1 de abril de 2020

Intrusos

Estes xogos de Intrusos son moi interesantes e divertidos, moi útiles para todos aqueles nenos e nenas que teñan que aumentar o seu vocabulario.

Facede clik nas imaxes e a xogar!


As frases

Crear frases é unha actividade que facemos moito na aula, por iso vos propoño diferentes xogos para que poidades practicar.

Neste primeiro, "Jugamos a... acabamos a frase" trátase dun vídeo no que teredes que completar a frase coa palabra correcta.


Este segundo exercicio trátase dun xogo moi divertido no cal terás que estar moi atento para descubrir a frase que se esconde debaixo dos símbolos:


E este último con dos niveis diferentes tamén vos vai chamar a atención.