jueves, 29 de octubre de 2020

O caracol Serafín

 Estes días no patio estades encontrando moitos caracois. Por iso, pensei en deixarvos aquí un conto que vos vai gustar moito. 

Este conto titúlase "O caracol Serafín". Espero que vos guste! 😁😁

Fai clic na imaxe

martes, 27 de octubre de 2020

Unha historia de medo

 Animádesvos a inventar unha historia de medo? 👀

Xa que estamos na semana de Samaín propóñovos esta actividade. Mirade!

1. Elixide dúas palabras da seguinte lista. Se queredes complicar un pouco máis á vosa imaxinación, escolle 3 (cantas máis, mellor 😜)

2. Imaxinade unha historia na que participen eses dous ou tres elementos que escolliche. Cando a teñades pensada, escribídea nun folio.

3. Decorade a historia cun debuxo relacionado co que sucede.

E LISTO! Xa tedes inventada a vosa historia de medo.

Déixovos aquí un marco onde podedes escribir a vosa historia para que quede chulísima. 

Moitos xogos

Déixovos aquí un recurso moi chulo cheo de xogos para practicar os sinfóns e as trabadas. 

Animádesvos a xogar? 



jueves, 22 de octubre de 2020

Conto de Samaín

 Ola nenos e nenas! 💀

Estamos xa chegando á festa de medo máis divertida do ano. SI, O SAMAÍN!!!!!! Déixovos por aquí este conto, seguro que moitos de vós xa o coñecedes!

jueves, 15 de octubre de 2020

A castaña movida

Ola peques! Como estades? 







Si, fai un pouquiño de frío porque xa estamos no outono 😑

E no outono unha das cousas que máis nos gusta é asar as castañas e comelas. QUE RICAS ESTÁN! 😋 Verdade?

Pois mirade, déixovos por aquí un xogo para facer con castañas 😜😜😜😜 Que tedes que facer? Pois imos mover a nosa lingua imitando as castañas desta imaxe. 

Seredes capaces? 

SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII!

martes, 13 de octubre de 2020

Suma e resta

Ola peques!

Hoxe imos practicar os conceptos de suma e resta con este xogo tan divertido.

Fai clic na imaxe.

viernes, 9 de octubre de 2020

Lorenzo

 Sabedes quén é Lorenzo? 😃

Mirade que conto tan bonito vos deixo por aquí. Boa fin de semana e desfrutade moito da ponte 💚💚


O outono

 Xa estamos metidos de cheo no outono, esa estación do ano fermosa, na que as follas das árbores se volven de diversas cores: marrón, amarelo, vermello... 

Déixovos aquí esta actividade para practicar o vocabulario desta estación do ano e xogar un pouquiño 😊

¡Ya llega el otoño!, an interactive worksheet by victor
liveworksheets.com

Vocabulario de otoño, an interactive worksheet by Almu_cs
liveworksheets.com

viernes, 2 de octubre de 2020

Comezamos...

 Ola nenos e nenas! 😊

Logo de superar o mes de setembro, cheo de novas normas ás que atender polo COVID-19, espazos marcados por sinais polos que andar polo cole e outros polos que non se pode, esa distancia de seguridade obrigatoria e unha mascarilla que temos que ter posta en todo momento.... todo iso, mesturado coa ilusión pola volta ao cole, esas ganas de ver aos compañeiros e poder contarlles miles de cousas, pero tamén outras tantas que non podemos facer, como darlles un abrazo ou compartir as nosas cousiñas. 

Deste xeito, este curso presentouse con moitas novidades. Pero, entre todos imos conseguir superar a situación do COVID e volver á normalidade canto antes. ¡Que ganas! 👌

E dende a nosa aula de A.L. tamén imos seguir todas as normas e intentar adaptarnos da mellor forma posible. E para iso, hai alguén que nos vai axudar... 💥💪💜

De momento, non vos podo decir de quén se trata..., soamente vos podo dar esta pista!

VÉMONOS PARA A SEMANIÑA! 💛