martes, 23 de marzo de 2021

As froitas e as verduras

Seguimos traballando o vocabulario das froitas e das verduras con esta ficha interactiva. Imos alá!

lunes, 22 de marzo de 2021

Chegou a primavera

 Bos días peques! 🌼🌻🌺🌹🌷


Comezamos esta semana coa entrada da primavera e que ben nos senta este sol!

Hoxe déixovos por aquí unha tarefiña da primavera: prestade moita atención para resolver estas adiviñas.


Primavera, an interactive worksheet by VictoriaGarciaN
liveworksheets.com

Agora imos todos a cantar con esta canción!


lunes, 15 de marzo de 2021

Con S ou con Z

 Seguimos traballando os fonemas S e Z e, para iso, déixovos por aquí esta tarefa. Teredes que diferenciar se as seguintes palabras se escriben con S ou con Z e rodealas coa cor correspondente. 

Quén escapou?

Bos días peques!

Hoxe déixovos por aquí un xogo para prestar moita atención e activar as neuronas neste luns pola mañá 😃😃😃

Atentos!

miércoles, 10 de marzo de 2021

As froitas

 Nesta entrada imos traballar o vocabulario e repasar o nome de diferentes froitas. Coñecédelas todas? Ademais, tamén recordamos que comer froita é fundamental para crecer fortes e sans 😊


A continuación, tedes un xogo con adiviñas sobre as froitas: 

Seguimos coas trabadas

 Ola peques!

Seguimos practicando as trabadas e para iso déixovos por aquí esta actividade.

lunes, 8 de marzo de 2021

O Gusanito

 Xa sei que vos gusta moito o conto do Gusanito, por iso, vouno deixar tamén por aquí. 

A practicar!

Xogamos coa R

Comezamos unha nova semana do mes de marzo e tráigovos esta actividade co fonema R.

Espero que vos guste 😊😊😊

viernes, 5 de marzo de 2021

Cal é a correcta?

 Bos días peques!

Nesta entrada déixovos este xogo no que teredes que elixir cal é a letra correcta e corrixir a que está mal.

martes, 2 de marzo de 2021

Imos á compra

 Este xogo que vos propoño para traballar o cálculo consiste en empregar tickets da compra que nós mesmos faremos. Deste xeito, podemos seguir diferentes reglas: 

En primeiro lugar teremos que elaborar unha lista da compra, por exemplo, de verduras e froitas, unha lista da compra para preparar unha cea saudable; facer unha lista con alimentos para o almorzo do día seguinte, etc.

Logo, teremos que saber canto debemos pagar, polo que teremos que facer unha suma cos prezos deses alimentos. Desta forma, teremos que saber cantos euros imos gastar. 

Animádesvos?

Prepara a túa lista da compra, calcula canto vas gastar e comproba que o ticket sexa correcto 😜😜

Déixovos aquí un enlace para poder xogar con estes tickets. 


Ademais, tamén vos deixo por aquí un recurso moi chulo para traballar o vocabulario dos alimentos. 

Completamos coa Z ou C

Ola peques!

Déixovos por aquí esta tarefa para traballar e practicar o uso da Z e da C.

za, zo, zu, ce, ci, una ficha interactiva de BEATRIZBG
liveworksheets.com