martes, 31 de marzo de 2020

TODO IRÁ BEN

Hoxe que acaba o mes de marzo, un mes un pouco extraño para todos nós, imos pedir que o mes de ABRIL nos traiga moitas máis alegrías e poidamos volver a vernos e estar todos xuntiños no cole.

Seguindo ca iniciativa da Profe Mila, aquí vos deixo o meu debuxiño do arco da vella. Tod@s a facer un!

E recordade, TODO IRÁ BEN. 


Mándovos moito ánimo e forza e moi moi pronto volveremos a vernos!  

Coidamos a nosa voz

Como xa sabedes, a voz é o son que se produce cando as nosas cordas vogais vibran grazas ao paso do aire que inspiramos e logo espiramos. Deste xeito, é un elemento fundamental para emitir as palabras e que nos poidamos comunicar coas demais persoas.

Por esta razón, é moi importante coidar a nosa voz, pero non sempre o facemos correctamente. Desta forma, aquí vos deixo unhas orientacións para que, dende a vosa casiña e coa vosa familia, poidades lembrarvos destas pautas para que a vosa voz estea en perfectas condiciones e non teñades dores de gorxa nin vos quededes sen voz.

O conto do martes

Como sabedes hoxe tócanos facer o FICHACONTO, que se trata de leer un conto e facer unhas pequenas preguntas. Neste caso, vouvos deixar un vídeo no que unha rapaza vos vai contar a historia, polo que teredes que estar moi moiiiiiii atentos.

Unha vez que o acabedes mirade máis abaixo a plantilla que vos deixo. Debedes leer as preguntas e respondelas, polo que tedes que estar moi atentos mentres dure o conto.

Imos! Seguro que Elmer vos gusta moito! 😍



Agora cubride a ficha para saber que estivestes super atentos.

Articulación

Bos días rapaces!

Hoxe preséntovos este xogo, o cal podedes xogar todos os nenos e nenas que ides a aula de AL para practicar a pronunciación de varios fonemas, os sinfóns, as sílabas inversas, etc.

lunes, 30 de marzo de 2020

Lecto

¡Mirade no seguinte enlace que xogo tan chulo para traballar a lectoescritura!

Tedes diferentes niveis para participar: vogais, consoantes, sinfóns... Pinchade nos diferentes xogos para descubrir o máis axeitado a cada un de vós.

¡Imos xogar!

Máis de animais

Bos días!

Para empezar este luns déixovos outro xogo de vocabulario que vos vai gustar moito. Seguimos aprendendo nomes de animais!!!! 😉

viernes, 27 de marzo de 2020

Venres de conto

Os martes e os venres tócanos facer o FICHACONTO, que se trata de leer un conto e facer unhas pequenas preguntas. Neste caso, vouvos deixar un vídeo no que unha rapaza vos vai contar a historia, polo que teredes que estar moi moiiiiiii atentos.

Unha vez que o acabedes mirade máis abaixo a plantilla que vos deixo. Debedes leer as preguntas e respondelas, polo que tedes que estar moi atentos mentres dure o conto.

Igual xa coñecedes este fermoso conto, non sei..... 😛


Agora tedes que responder as preguntas e demostrar que estivestes moi atentos.

Descripción de imaxes

Neste xogo propóñovos tres actividades diferentes.

1. Na primeira teredes que contarlle a alguén da vosa familia (co máximo detalle posible) todo o que vedes nestas duas imaxes, primeiro nunha e logo na outra.



2. No segundo xogo faredes un VEO-VEO. Pero un VEO-VEO con instruccións, xa que debedes buscar palabras que leven os fonemas R, S ou Z (en calquer lugar da palabra).
(E no caso de non atopar máis, poderedes facer o veo-veo como sabedes, con cores ou ca letra inicial da palabra).

3. E na terceira actividade teredes que elexir unha imaxe e inventar unha breve historia do que ocurre nela.

¡VEÑA, QUE ISTO GÚSTAVOS MOITO!

jueves, 26 de marzo de 2020

Fonema S

Para todos aqueles nenos e nenas que teñen dificultades para pronunciar o fonema S, aquí vos deixo unhas pautas para poder continuar dende a vosa casiña con este traballo.

1. Debemos facer uns exercicios de relaxación e respiración (5 minutos).

2. En segundo lugar, facemos unhas PRAXIAS e uns xogos de soplo (sen superar os 10 minutos).

3. Sentamos diante dun espello e colocamos a lingua na súa posición, para favorecer a pronunciación do fonema. Podedes ver este vídeo para lembrar cómo había que colocar a lingua:


4. Facemos as seguintes onamatopeias:

5. Repetimos sílabas e palabras que conteñan a letra S. Este vídeo pódevos axudar:


6. Decimos os nomes dos debuxos e inventamos unha frase con cada un:


7. Xogamos o veo-veo empregando o máximo número posible de palabras con este fonema.

Varios xogos nun

No seguinte enlace amósovos un xogo moi completo e divertido, no que podedes traballar a atención con xogos de intrusos, ordenar unha historia, facer unha visita polo zoo, etc.

Animádevos a xogar e xa me contaredes se vos gustou! 😄


Lectoescritura

Para todos aqueles nenos e nenas que comezan a leer ou necesiten practicar a lectura e a escritura, aquí vos deixo un enlace para acceder ao "País das letras".
Ahí encontraredes moitas actividades de cada unha das letras e poderedes practicar a lectura e a escritura de forma divertida!

Ademais, neste enlace, se tedes opción de imprimir tamén podedes descargar FICHAS de Letrilandia para leer e requeteleer. 😁

Nos seguintes enlaces tedes xogos para practicar a conciencia fonolóxica, moi divertidos que vos axudarán moito.



No seguinte xogo aparece unha pizarra para que sexas ti quén invente o xogo. Combina letras e escribe palabras, frases ou incluso un breve texto. Rétote a que lle saques unha foto a túa construcción e ma envíes, ben ao blog ou ben ao mail. ¡Imos alá!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Animalandia

Aquí vos comparto uns xogos para ampliar o vocabulario dos máis peques da casa sobre os animais.
Espero que vos gusten! 👍😊



martes, 24 de marzo de 2020

Fonema R

Para todos aqueles nenos e nenas que teñen dificultades para pronunciar o fonema R, aquí vos deixo unhas pautas para poder continuar dende a vosa casiña con este traballo.

1. Debemos facer uns exercicios de relaxación e respiración (5 minutos).

2. En segundo lugar, facemos unhas PRAXIAS e uns xogos de soplo (sen superar os 10 minutos).

3. Sentamos diante dun espello e colocamos a lingua na súa posición, para favorecer a pronunciación do fonema.

Podedes ver este vídeo para lembrar cómo había que colocar a lingua:


4. Repetimos sílabas e palabras que conteñan a letra R. Este vídeo pódevos axudar:


5. Decimos os nomes dos debuxos e inventamos unha frase con cada un:


6. Leemos o seguinte conto e facemos un debuxo do que pasa nel: 

Érase una vez una niña que se llamaba Rocio y
en su boca siempre había una risa. Se reía cuando
se ponía la ropa, al ver una rata, o al entregar un ramo de rosas. 

Un día se fue con su perro
llamado Ramón al río, se montó en su barca, cogió
el remo y se fue a la otra orilla del río. 

Allí con una sierra cortó una rama, 
cogió un tarro y metió a una rana. 
Al volver a casa iba contenta, porque se había
hecho amiga de la rana e iba sonriendo porque la
rana le cantaba con su: croac- croac - croac.

Xogos de soplo

Os xogos de soplo que facemos na aula con materiais reciclados son moi dinámicos e axúdannos a cumprir este obxectivo. Neste caso, vós desde a casa tamén podedes coller obxectos que teñades pola casa para practicar o soplo: papel, rolos de papel hixiénico, trozos de cartón, palliñas, etc.

Deste xeito, podedes facer as seguintes actividades: 😋

-Soplar velas (dende diferentes distancias).

-Facer pompas de xabón.

-Inflar globos.

-Soplar palliñas e pompóns.

-Facer un circuito con plastilina e soplar por él pelotas de papel, pompóns...

-Facer burbullas cunha palliña nun vaso de auga.

-Xogar ao fútbol: cunha caixa de zapatos facemos duas porterías nas esquinas. Collemos unha pelota de ping-pong (ou a que teñades que sexa pequeniña) e tedes que intentar meter gol na portería contraria.

Tamén podedes facer estes xogos super chulis que vos amoso neste vídeo 😜:






Lembrade, entre 5-6 minutiños facemos tarefas de soplo e seguimos combinando outros xogos para completar unha sesión da clase de A.L.

lunes, 23 de marzo de 2020

Praxias

A todos vos encanta o momento de facer as praxias. Para explicarlle a vosa familia que son isto das praxias, recordade que debedes poñervos diante dun espello para ensinarlles. 👀

Como na casa non tedes as tarxetiñas e ruletas que temos na clase, déixovos un conto e un vídeo nos que podedes ver exemplos de cómo facer. Aínda que eu xa sei que sabedes á perfección como son! 👍😁




Relaxación e respiración

Como ben sabedes, antes de empezar as clases de A.L. é importante estar relaxados e facer uns exercicios para favorecer a nosa respiración. Deste xeito, a sesión será máis tranquila e poderemos aprender un montón.

Aquí vos deixo un par de vídeos para que poidades practicar na vosa casa antes de facer outros xogos, nun tempo aproximado de 5 minutos.






Lembrade que estes exercicios tamén podedes facelos cando vos encontredes un pouquiño nerviosos ou intranquilos.

A RELAXARNOS!

sábado, 21 de marzo de 2020

A colorear

Como sei que a todos vos encanta colorear, aquí vos deixo unha páxina que vos vai gustar moito.
Tedes que pinchar na imaxe e elexir un debuxo. ☺️

¡Veremos que bonitos quedan!


Na casa non nos aburrimos

Todos sabemos que é moi complicado estar tanto tempo na casa, porque nos aburrimos e moitas veces non sabemos que facer, pero é moi importante quedar nela e saír só se é algo imprescindible.

Por iso, aquí vos propoño diferentes tarefas que podedes facer na casa, xa veredes como non vos aburrides!! 😃


miércoles, 18 de marzo de 2020

Pautas para facer na casa

Ola nenos e nenas!

Estes días temos que quedar na casiña e non podemos ir ao cole, por iso os profes mandámosvos cousiñas para que poidades seguir traballando dende a casa e así non olvidar o que traballamos durante todo o curso.

Como xa vistes na páxina do cole, mandeivos estes xogos e actividades para que poidades practicar dende a vosa casa. Vós xa sabedes moito, agora só tedes que ensinarlles a mamá, a papá, aos vosos irmáns... todo o que facedes na clase de A.L.

As sesións de Audición e Linguaxe son un pouquiño diferentes ás das materias de lingua, mates ou naturais. Éstas divídense en diferentes partes, nas cales facemos diferentes xogos co obxectivo de mellorar a dificultade que teña cada neno/a.

Algunhas pautas xerais para realizar as actividades:

1. Do mesmo xeito que facemos na clase, debedes facer sesións de 20 ou 25 minutos.

2. Teredes que ir elixindo diferentes tarefas, xa que nesta ocasión vós mesmos as podedes elexir.
Para iso, clasifiqueivos diferentes enlaces en tarefas de respiración, de relaxación, de praxias, de soplo, para practicar os fonemas, etc. Ademais, tamén tedes cancións, xogos, contos, etc.

*Lembrade que para as actividades das PRAXIAS necesitaredes ter un espello diante.

martes, 17 de marzo de 2020

Que é o Coronavirus?

Para entender o que está acontecendo estes días, podedes ver este sinxelo vídeo e así entender mellor que é iso do CORONAVIRUS.


¡MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!

Benvida

Ola nenos e nenas! 

¿Cómo estades?

En primeiro lugar quero darvos a BENVIDA á este novo espazo, o blog da aula de A.L., que será a nova canle para seguir aprendendo nestes días que nos toca estar na nosa casiña...

Dada a situación que estamos a vivir, neste blog ireivos colgango pouco a pouco distintas actividades e xogos para que poidades seguir practicando dende a vosa casa e, deste xeito, non olvidar o que traballamos durante o curso.

Para facer todo iso, quero presentarvos a MILO!


Dicirvos que MILO é un dragón que chegou a Galicia o ano pasado. Máis adiante contareivos máis cousiñas del.... de momento, só vos podo dicir que está aquí para axudarnos e pasalo moi ben.

IMOS ALÁ!