martes, 27 de octubre de 2020

Unha historia de medo

 Animádesvos a inventar unha historia de medo? 👀

Xa que estamos na semana de Samaín propóñovos esta actividade. Mirade!

1. Elixide dúas palabras da seguinte lista. Se queredes complicar un pouco máis á vosa imaxinación, escolle 3 (cantas máis, mellor 😜)

2. Imaxinade unha historia na que participen eses dous ou tres elementos que escolliche. Cando a teñades pensada, escribídea nun folio.

3. Decorade a historia cun debuxo relacionado co que sucede.

E LISTO! Xa tedes inventada a vosa historia de medo.

Déixovos aquí un marco onde podedes escribir a vosa historia para que quede chulísima. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario