martes, 2 de marzo de 2021

Imos á compra

 Este xogo que vos propoño para traballar o cálculo consiste en empregar tickets da compra que nós mesmos faremos. Deste xeito, podemos seguir diferentes reglas: 

En primeiro lugar teremos que elaborar unha lista da compra, por exemplo, de verduras e froitas, unha lista da compra para preparar unha cea saudable; facer unha lista con alimentos para o almorzo do día seguinte, etc.

Logo, teremos que saber canto debemos pagar, polo que teremos que facer unha suma cos prezos deses alimentos. Desta forma, teremos que saber cantos euros imos gastar. 

Animádesvos?

Prepara a túa lista da compra, calcula canto vas gastar e comproba que o ticket sexa correcto 😜😜

Déixovos aquí un enlace para poder xogar con estes tickets. 


Ademais, tamén vos deixo por aquí un recurso moi chulo para traballar o vocabulario dos alimentos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario