jueves, 26 de marzo de 2020

Fonema S

Para todos aqueles nenos e nenas que teñen dificultades para pronunciar o fonema S, aquí vos deixo unhas pautas para poder continuar dende a vosa casiña con este traballo.

1. Debemos facer uns exercicios de relaxación e respiración (5 minutos).

2. En segundo lugar, facemos unhas PRAXIAS e uns xogos de soplo (sen superar os 10 minutos).

3. Sentamos diante dun espello e colocamos a lingua na súa posición, para favorecer a pronunciación do fonema. Podedes ver este vídeo para lembrar cómo había que colocar a lingua:


4. Facemos as seguintes onamatopeias:

5. Repetimos sílabas e palabras que conteñan a letra S. Este vídeo pódevos axudar:


6. Decimos os nomes dos debuxos e inventamos unha frase con cada un:


7. Xogamos o veo-veo empregando o máximo número posible de palabras con este fonema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario