martes, 31 de marzo de 2020

Coidamos a nosa voz

Como xa sabedes, a voz é o son que se produce cando as nosas cordas vogais vibran grazas ao paso do aire que inspiramos e logo espiramos. Deste xeito, é un elemento fundamental para emitir as palabras e que nos poidamos comunicar coas demais persoas.

Por esta razón, é moi importante coidar a nosa voz, pero non sempre o facemos correctamente. Desta forma, aquí vos deixo unhas orientacións para que, dende a vosa casiña e coa vosa familia, poidades lembrarvos destas pautas para que a vosa voz estea en perfectas condiciones e non teñades dores de gorxa nin vos quededes sen voz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario