miércoles, 18 de marzo de 2020

Pautas para facer na casa

Ola nenos e nenas!

Estes días temos que quedar na casiña e non podemos ir ao cole, por iso os profes mandámosvos cousiñas para que poidades seguir traballando dende a casa e así non olvidar o que traballamos durante todo o curso.

Como xa vistes na páxina do cole, mandeivos estes xogos e actividades para que poidades practicar dende a vosa casa. Vós xa sabedes moito, agora só tedes que ensinarlles a mamá, a papá, aos vosos irmáns... todo o que facedes na clase de A.L.

As sesións de Audición e Linguaxe son un pouquiño diferentes ás das materias de lingua, mates ou naturais. Éstas divídense en diferentes partes, nas cales facemos diferentes xogos co obxectivo de mellorar a dificultade que teña cada neno/a.

Algunhas pautas xerais para realizar as actividades:

1. Do mesmo xeito que facemos na clase, debedes facer sesións de 20 ou 25 minutos.

2. Teredes que ir elixindo diferentes tarefas, xa que nesta ocasión vós mesmos as podedes elexir.
Para iso, clasifiqueivos diferentes enlaces en tarefas de respiración, de relaxación, de praxias, de soplo, para practicar os fonemas, etc. Ademais, tamén tedes cancións, xogos, contos, etc.

*Lembrade que para as actividades das PRAXIAS necesitaredes ter un espello diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario