viernes, 17 de abril de 2020

A falar

Agora tócavos observar moi ben. Compártovos unha imaxe para describir. Deste xeito, os nenos e nenas máis pequenos teredes que contarlle a vosa nai, pai, irmán ou irmá o que estades vendo na imaxe.

Pero, para os máis maiores o que vos propoño é que fagades unha pequena descrición escrita do que observades. Cando a teñades, podedes enviarma o mail para que a vexa e corrixir.

ÁNIMO! 😀


Unha vez que teñades isto feito, podedes facer un VEO-VEO. Pero un VEO-VEO con instruccións, xa que debedes buscar palabras que leven os fonemas R, S ou Z (en calquer lugar da palabra).
(E no caso de non atopar máis, poderedes facer o veo-veo como sabedes, con cores ou ca letra inicial da palabra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario