lunes, 27 de abril de 2020

Describimos as persoas

Comezamos a semana cunha tarefa moi divertida para describir as persoas. E para iso, propóñovos dúas actividades.

A primeira é que fagades a ficha que vos comparto a continuación, fixándovos ben nos debuxos e nas oracións.

E a segunda actividade consiste en que collades un folio e fagades 3 debuxos de 3 membros da vosa familia e que escribades unha pequena frase que a describa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario