miércoles, 29 de abril de 2020

Máis de soplo

Aquí vos deixo algunha actividade máis para facer as tarefas de soplo e de paso tamén facedes manualidades, que sei que vos encantan. 😄

Podemos facer unha carreira de gusanos:

Precisades unhas tiras de papel, unha palliña e cores para decorar o voso gusano. Cando as teñades listas, soprades pola palliña para chegar á meta (que debedes establecer na mesa con outra tira de papel ou cun cartón).

Tamén podedes practicar cunha canastilla de pelotas, como as que vos mostro na imaxe. Para iso necesitades: unha botella pequena de auga, unha boliña de papel de aluminio ou un pompón e unha palliña. Unha vez teñamos todos estes materiais, comezaremos a montar o noso xoguete con axuda dun adulto. Podedes facer clic na imaxe para ver un vídeo de cómo se realiza o xoguete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario