jueves, 16 de abril de 2020

Coidar a voz

Hoxe celébrase o Dia Mundial da Voz. Foi decretado pola Federación de Sociedades de Otorrinolaringología co obxectivo de concienciar da importancia que ten a voz, así como os cuidados que debemos ter para evitar problemas relacionados coas cordas vogais. Déixovos aquí máis información que podedes ler acerca deste día.

Desta maneira, para celebrar este día o que vos propoño é que aproveitedes esta data para facer un uso responsable da vosa voz, evitando aqueles malos hábitos que poden danar as cordas vogais. (Contádeme como fixestes para celebrar este día cun audio, foto, texto...)


Coidar a nosa voz é fundamental para que nos poidamos comunicar correctamente e non teñamos dores de gorxa nin nos quedemos sen voz. Deste xeito, xa sabedes que é moi importante facer un bo uso e coidar as nosas cordas vogais.

Para iso, hoxe imos facer uns exercicios de respiración, os cales son fundamentais tamén para o coidado da nosa voz.

Comezamos con este conto. Sentade nunha cadeira ou no chan nunha postura corporal adecuada e escoitade o conto imitando a este neno.


Logo, déixovos este vídeo no cal podedes seguir unhas recomendacións na vosa casiña para mellorar o coidado da vosa voz. ANOTADE TODAS AS PAUTAS! 💭

No hay comentarios:

Publicar un comentario