jueves, 14 de mayo de 2020

Letras galegas

Esta entrada ímola adicar ao día das LETRAS GALEGAS, que como sabedes está a piques de chegar e, polo tanto, témolo que celebrar aínda que non poidamos estar no cole.

Para iso, tráigovos tres actividades diferentes. MIRADE!   

1. A seguinte imaxe trátase dunha nube de palabras. Propóñovos que busquedes e identifiquedes as palabras galegas que ahí se agochan e, logo, que busquedes o significado de cada unha delas. Se xa o sabedes, describídea coas vosas palabras e aquelas que non coñezades o significado pregúntadelle a alguén da vosa familia ou buscade nun diccionario ou en Internet.

Logo, intentade engadir algunha palabra galega máis que coñezades a esta nube e cando a teñades enviádeme o resultado 👌


2. Na seguinte actividade propóñovos un xogo que elaboraron nun colexio para saber un pouquiño máis sobre o día das LETRAS GALEGAS. Sabedes quén é Ricardo Carvalho Calero? 



3. Por último, compártovos un vídeo dun conto que escribiu Ricardo, chamado "As pitas baixo a choiva". Fixeron este vídeo no CEIP Vilaverde de Mourente para que desfrutemos todos deste conto tan bonito 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario