martes, 19 de mayo de 2020

A soplar

Imos facer algún xogo de SOPLO, que como sabedes son moi importantes para que os sons das nosas letras salgan da nosa boca fortes e escoitemos unhas palabras perfectas, por iso TODOS podedes practicalos.

Para facer estes xogos non necesitamos moitos materiais, xa que podemos elaborar xogos divertidos con materiais reciclados que teñamos pola nosa casa: globos, pompas de xabón, canastillas de fútbol, carreiras de pelotas....

Eu fixen este vaso de papeis super sinxelo, mirade: 


Necesitaredes: un vaso de plástico, unha palliña, un trozo de papel de cociña ou unha servilleta, unha goma elástica e trociños de papeis. Teredes que facerlle un buratiño ao vaso pola parte inferior coa axuda dun adulto e colocar a palliña. Metedes os papeis dentro do vaso e cerrádelo moi ben coa servilleta e a axuda dunha goma e...... a SOPLARRRRR con forza. 
O obxectivo é que os papeis den voltas polo vaso e para iso, hai que soplar moito moito! 😂💨

Outra forma de xogar moi sinxela é facer cambios de auga dun vaso a outro. Si,si.... Só necesitaredes dous vasos de plástico e unha palliña. Teredes que encher un dos vasos e pasar coa palliña a auga ao outro vaso sen que perdades ningunha gota e tampouco se pode beber, eh! 😂😂😂
Non é tan fácil, verdade??? 😂


Animádesvos a facer un CIRCUITO con plastilina? Sei que vos gustan moito! 😋😋
Necesitaredes plastilina e unha pelotiña de poliespán ou un pompón. Primeiro faredes churros de plastilina delgadiños para formar o circuito. Podedes facelo de mil maneiras diferentes, eu fíxeno como un caracol: 


Non tedes plastilina na casa? Teño a solución 😝😝 Mirade este video para facer un experimento e crear a vosa propia plastilina caseira! 😱😱 Veña, veña.... quero ver eses resultados 😹😹


Propóñovos a todos e todas que elaboredes un xogo de soplo da forma que queirades e como máis vos guste. O obxectivo cal é?, SOPLAR! Mandádeme unha fotiño cando o teñades para ver que chulo vos saiu 😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario