miércoles, 13 de mayo de 2020

Falamos

Propóñovos agora que faledes un pouquiño e para iso tedes que describir a seguinte imaxe. Para @s máis pequen@s tedes que contarlle a alguén da vosa familia o que estades vendo, que sucede na imaxe, onde están, cantas persoas vedes, se hai algún animal, que obxectos identificades, se sabedes xogar a algún xogo dos que están a facer estes rapaces, etc.

E para @s nen@s que sodes mais maiores propóñovos que fagades unha redacción describindo a imaxe do mesmo xeito.

Cando a teñades lista, podedes mandarma, ao igual que podedes mandarme un vídeo ou un audio grabando o que describades da imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario